venres. 02.05.2025
El tiempo

O bipartidismo acapara os actos electorais da Costa da Morte

O bipartidismo acapara os actos electorais da Costa da Morte
Os socialistas ofreceron onte un mitin no museo de Arte Contemporáneo de Corme Os socialistas ofreceron onte un mitin no museo de Arte Contemporáneo de Corme Aínda cos datos do estudo de O Mirante na cabeza no que se fala das posibles coaliccións a campaña electoral segue a desenvolverse na Costa da Morte onde o PSdeG e os do PPdeG acaparan os principais actos electorais encubrindo así aos demais partidos políticos que se presentan ás eleccións xerais do 20 de decembro. Así, os principais actos electorais do día de onte viñeron da man dos populares e dos socialistas que se deixaron ver en distintos puntos da comarca. PSdeG O candidato ao Congreso e de raíces baiesas, Ricardo García Mira e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañados polo alcalde da localidade, Lois García Carballido, ofreceron un mitin no Museo de Arte Contemporáneo de Corme. Os socialistas reincidiron na reivindicación “da igualdade de oportunidades como o principal legado dos gobernos socialistas”. Pola súa banda, Ricardo García Mira desglosou durante a súa intervención os recortes en dereitos sociais que aplicou o Partido Popular e que están a por en perigo as bases do Estado de Benestar, creados polos anteriores executivos socialistas. Mira rematou o seu discurso denunciando o desleixo do PP polo valor do territorio e da cultura galega, xa que “en vez de potenciar aos atractivos culturais que teñen unha gran potencialidade económica, priorizaron proxectos cun gran impacto negativo sobre o medio ambiente como a mina de Corcoesto”. En contrapartida apostou pola posta en marcha dun "Centro de Interpretación que resalte o valor cultural, paisaxístico e megalítico dos municipios da Costa da Morte; ao tempo que se promocione as rutas dos faros". Hoxe o PSdeG desprázase ata Fisterra. Alí, Javier Losada de Azpiazu - candidato ao Senado pola provincia da Coruña -, dará un mitin no salón de plenos do Concello, no que falará tamén o alcalde da vila, José Marcote Suárez. O acto comeza ás 20:30 horas.   PPdeG Margarita Varela percorriu onte o mercado de Carballo. Imaxe-Populares de Carballo Margarita Varela percorriu onte o mercado de Carballo. Imaxe: Populares de Carballo Mentras o PPdeG centrou os seus actos electorais de onte nun percorrido polo mercado de Carballo e nun mitín, tamén na vila carballesa, no que interviron Alberto Núñez Feijoo, Diego Calvo e Margarita Varela. Hoxe venres, continúan coa súa visita ás feiras. Marga Varala visitará o de Laxe, ás 11 horas, mentras que Sandra Vilela estará en Muxía a esa mesma hora. Xa pola noite, Diego Calvo, Francisco Conde e Mabel Fernández ofrecerán un mitin na casa da Cultura de Cee. A cita comeza ás 21 horas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)

Comentarios