sábado. 28.02.2026
El tiempo

Recunchos da Costa: A Devesa de Anllares

Devesa do Anallares-Foto-Modesto
Foto da Devesa de Anllares de Modesto García Quintáns
Recunchos da Costa: A Devesa de Anllares

A pesar da presión dos eucaliptos, e das continuas agresións, a Devesa de Anallares é un dos nosos tesouros máis grandes medioambientais. Á beira do río Xallas, que separa os concellos de Dumbría e Mazaricos, do lado mazaricán érguese unha das masas de árbores frondosas máis occidental da Europa continental, competindo por este recoñecemento coas Fragas do Eume. ”A última fraga” chámalle o divulgador Manuel Gago ao pulmón da nosa comarca.

Como nos conta Modesto García Quintáns, trátase dunha superficie aproximada dunhas 60 hectáreas, cunha lonxitude dun 1.800 m., toda ela cuberta de carballos.

O Xallas flúe por aquí moi calmo, por un terreo de escasa pendente entre os encoros que tn río arriba (o da Fervenza, o de Ponte Olveira e de Castrelo) e o que ten río abaixo (o encoro de Santa Uxía). No extremo norte da carballeira, pouco antes da presa de Castrelo, podemos parar a contemplar a máxima tranquilidade do Pozo Negro.

Pronto veremos a adecuación dunha senda polos 70km do río Xallas, que ademais de Mazaricos atravesará os Concellos de Santa Comba e Zas.

Devesa de Anllares-Foto-Concello Mazaricos
Devesa de Anllares-Foto-Concello Mazaricos
Devesa de Anllares-Foto-Concello Mazaricos 2
Devesa de Anllares-Foto-Concello Mazaricos
Devesa de Anllares-Foto-Concello Mazaricos 3
Devesa de Anllares-Foto-Concello Mazaricos 
Devesa Anllares-foto-Luar na Fraga copia
Devesa Anllares-foto-Luar na Fraga
Devesa de Anllares-Regato
Interior da Devesa de Anllares
Devesa de Anllares-Pozo Negro
O Pozo Negro

Como chegar

Pódese acceder dende o lugar de Castrelo, e antes de chegar a Castrelo hai un espazo para deixar o coche e a man dereita van unhas pistas cara o norte.

As xentes de Luar na Fraga ofrécennos unha ruta completa, ue parte tamén do mesmo lugar de Castrelo.

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios