Alternativa Enxebre de Fisterra ponse caras
Un par de meses despois de anunciar as novas siglas, o concelleiro non adscrito Tito Martínez Traba vén de presentar as principais caras que formarán parte da súa candidatura para as eleccións municipais de 2027. O edil despois de saír do grupo de Alternativa, de facilitar a moción de censura a favor do PP, pero quedar fóra do goberno, forma o grupo Alternativa Enxebre, xunto con Juanfran Martínez (Presidente) e Raúl Gómez (Secretario Xeral).
O grupo preséntase cunha carta na que volve cargar contra a ex alcaldesa e voceira de Alternativa, 𝐀𝐮𝐫𝐞𝐚 𝐃𝐨𝐦í𝐧𝐠𝐮𝐞𝐳, e contra o PP. A Domínguez acusándoa de "incumprir a lei" e dunha "falta absoluta de vontade para regularizar e legalizar a enorme cantidade de situacións irregulares e ilegais existentes no Concello de Fisterra", relacionadas directamente co 𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐔𝐫𝐛𝐚𝐧𝐢𝐬𝐦𝐨.
O grupo explica que a moción de censura presentada co PP "estaba baseado 𝐞𝐱𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐯𝐚, 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜í𝐟𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐩𝐫𝐢𝐧𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 nun único obxectivo: 𝐚 𝐫𝐞𝐠𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐥𝐞𝐠𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧 do 𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐔𝐫𝐛𝐚𝐧𝐢𝐬𝐦𝐨". Porén, "𝐨 𝐏𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐨 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐢𝐧𝐜𝐮𝐦𝐩𝐫𝐢𝐮 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐫𝐝𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐨 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨, negándose a regularizar e legalizar aquilo ao que se comprometeu de maneira expresa e por escrito no documento que motivou a presentación da moción de censura", lanza tamén o grupo..
O grupo suscribe as palabras do concelleiro en cada pleno: "𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐮𝐜𝐞𝐝𝐞 𝐧𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐢𝐬𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚 é 𝐩𝐫𝐨𝐩𝐢𝐨 𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐞𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐦𝐚𝐟𝐢𝐚𝐬: todos os partidos que gobernaron actuaron na mesma liña e 𝐧𝐢𝐧𝐠𝐮é𝐧, 𝐚𝐠á𝐬 𝐅𝐫𝐚𝐧𝐜𝐢𝐬𝐜𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐭í𝐧𝐞𝐳 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚, 𝐬𝐞 𝐝𝐢𝐠𝐧𝐨𝐮 𝐚 𝐞𝐬𝐢𝐱𝐢𝐫 𝐚 𝐫𝐞𝐠𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐥𝐞𝐠𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐚𝐪𝐮i𝐥𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐚𝐭𝐨𝐩𝐚 𝐞𝐧 𝐬𝐢𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐢𝐫𝐫𝐞𝐠𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐞 𝐢𝐥𝐞𝐠𝐚𝐥, que é practicamente a totalidade da xestión municipal".
