Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O colexio muradán que viaxa á Idade Media

O colexio muradán que viaxa á Idade Media
O Colexio de Esteiro de Semana Medieval O Colexio de Esteiro de Semana Medieval Semana Medieval no CEIP de Esteiro Ricardo Tobio

Fantástica a iniciativa da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, de Esteiro, Muros. O centro educativo levan dous anos cun proxecto plurianual que leva por “Un paseo pola historia” e, tras traballar a prehistoria e a Idade Antiga, este curso chegaron xa á Idade Media.

Se ben artellan actividades todo o ano relacionadas ca época, esta semana arrinca a máis importante: A Semana Medieval. Durante toda esta semana realizarán diferentes talleres medievais, comezando este martes 12 con prácticas de danza, xogos ou escritura da época.

Aproveitarán o recrel para facer unha merendola (con receitas tradicionais elaboradas só con produtos que tiñamos naquela época, polo que non valen chocolates, patacas…) elaborada polos pais, que poden pedir consellos aos irmandiños vimianceses.

O mércores 13 e o venres 15 terán taller de cestería e barro contando coa colaboración do centro ocupacional de Valadares "Adisbismur". Tamén se realizará unha exposición de castelos elaborados polas familias e unha mostra de oficios tradicionais. Todo o colexio está ambientado acorde a época e toda a comunidade educativa se está a implicar moitísimo.

A semana que vén contaremos como foi a cousa, pero polo de pronto, só cómpre felicitar a iniciativa do centro e deses mestres e pais e nais tan implicados.

Exposicion de Castelos na Semana Medieval do CEIP Ricardo Tobio de Esteiro Exposición de Castelos na Semana Medieval do CEIP Ricardo Tobio de Esteiro

Fonte

Comentarios