![Angel Garrido presentou a sua dimision como presidente da UD Cerqueda-Foto-Jorge Parri Angel Garrido presentou a sua dimision como presidente da UD Cerqueda-Foto-Jorge Parri]()
Na época do ano que nos atopamos, no mundillo do fútbol, é tempo de fichaxes, de planificar tempadas futuras e tamén de cambios nas directivas dos clubes. Non son os mellores tempos para atopar persoas que queiran involucrarse, e a sombra da desaparación de moitos clubes planea ano si, ano tamén.
Como dixen,
é complicado atopar persoas que teñan o comprosimo que require o ser directivo dun clube. Pero o máis dificil aínda é que queira ser presidente. É que
ser presidente non é doado, e en tempos de crise, menos. Por iso debemos recoñecerlle todos os que amamos este deporte, a valentía de todos e cada un dos presidentes dos equipos costeiros. Pero a min gustaríame resaltar a figura dun deles. Xa sei que igual sona a amiguismo, pero véxome na obriga de facelo.
Fai uns días, Ángel Garrido presentaba a súa dimisión como presidente da UD Cerqueda. Seguro que foi unha decision moi meditada, pero ahora xa está. Despois de case toda a súa vida adicada á UD Cerqueda, marcha.
Primeiro como fútbolista, o fútbol foi moi inxusto con el, pois unha lesión de xeonllo o apartou do fútbol con tan só 21 anos. Ese talentoso centrocampista loiro, que estivo a proba uns catro días na escola de Mareo, en Xixón, deixaba a práctica do fútbol. Seguro que se esa lesión fóra nestes tempos, outra cousa tería acontecido.
Xa nesa época demostrou o seu amor polo clube, rechazando unha oferta de Bergantiños, que naqueles tempos era o buque insignia do fútbol costeiro. O Cerqueda desaparece como entidade, e el xunto a Javi Couto empezan a xuntar rapaces e forman de novo o clube. E o fan dende a base. Primeiro cadetes e logo xuvenís, facendo boas campañas. Ese traballo de canteira sería despois a base do actual Cerqueda.
Cando se decide a volta do Cerqueda á categoría sénior, Ángel toma un descanso, pero sempre mirando á labor da directiva. E
cando as cousas van mal, aparece de novo, primeiro como adestrador, e depois como presidente, conseguindo que o Cerqueda faga historia xogando fases de ascenso e todo o que ocurriu nestes 5 últimos anos.
Agora marcha do Cerqueda e do mundo do fútbol unha boa persoa, un amante do fútbol, un romántico do fútbol, unha persoa que lle gusta facer as cousas ben, extremadamente meticuloso e perfeccionista. Só deixo un detalle destes 5 últimos anos: Ángel non faltou a ningún partido do seu clube, e tanto na casa como fóra, sempre cunha hora e cuarto de antelación para ter todo preparado.
Espero que ca súa marcha o futuro do clube non corra perigo, pero igual si. O Cerqueda, na miña opinión queda sen o mellor presi que pode ter, pero respecto e entendo a súa marcha. Un home que fixo moitísimas cousas boas, e cando se equivocou (poucas veces), levantou a man e dixo, "equivoqueime". Iso si que e difícil de ver nestes tempos.
Agora tócalle descansar. Merecido o ten. Tócalle disfrutar do fútbol doutra maneira. E seguro que o veremos nas bancadas de calquera campo de fútbol. Igual o atopamos en Abegondo vendo o Fabril, como o vemos en Vimianzo vendo un partido de cadetes.
GRACIAS presidente. Gracias por ser como es e por todo o que lle deches ó Cerqueda. Gracias por esas longas conversas de fútbol que me regalaches. Para min, sempre serás o Presi.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).