Martes. 16.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
12:17
24/03/11

Escordadura de nocello

Escordadura de nocello

Hoxe vou falar dunha lesión moi común no mundo do balompé que ocorre con moita frecuencia e en ocasións, déixanos no dique seco unas cantas semanas. Veremos que é este tipo de lesión, o tratamento e algún consellos “domésticos” que podemos levar acabo nós para axilizar a curación destes. O tempo de recuperación e unha boa cura (cumprimento do tratamento) que facilite o profesional que nos atenda, é moi importante, igual que a rehabilitación de ese nocello mancado, que nunca se leva acabo e podémola facer nos mesmos.

  • 1. ¿Que é unha escordadura de nocello?

É unha lesión nos ligamentos do nocello. Os ligamentos son un tecido que unen a articulación e danlle estabilidade.

  • 2. ¿Que tipos de escordaduras hai?

Hai tres tipos de escordadura:

- Primeiro grado: hai unha distensión do ligamento.
- Segundo grado: hai unha rotura parcial do ligamento que une a articulación.
- Terceiro grado: hai unha rotura completa do ligamento.

  • 3. ¿Cales son as causas desta lesión?

Poden ser moitas, pero as máis habituais son:

- Sobrepeso.
- Torcedura por unha mala pisada ou polo terreo de xogo.
- Mal quecemento previo á actividade física.
- Calzado.
- Desequilibrio ou debilidade muscular.
- Debido a outras patoloxías: pe cavo varo, torsión externa da tibia, acurtamento do tendón de Aquiles.

  • 4. ¿Como se pode previr?

Esta lesión pódese previr quentando ben e estirando, utilizando un calzado correcto, ter un peso adecuado e potenciando toda a musculatura do pé (tibiais e peroneos).

  • 5. ¿Cales son os signos e síntomas?

Os signos e síntomas son os seguintes polo xeral (depende da gravidade da escordadura):

● Dor ao apoiar o pé e o camiñar.
● Dor á palpación dos ligamentos lesionados.
● Dor ao mover a articulación do nocello.
● Dor ao estiramento do ligamento afectado.
● Inflamación.
● Edema (Hinchazón).
● Hematoma (Moratón)
● Impotencia funcional.
● Inestabilidade do nocello.

  • 6. ¿Como tratar unha escordadura?

Esta lesión terá que ser tratada por profesionais sanitarios. En primeiro lugar, farase antes que nada, unha radiografía do nocello mancado para descartar calquera tipo de fisura ou fractura (ollo cas fisuras). Unha vez descartada calquera tipo de fractura, darase un tratamento fisioterápico (crioterapia, cyriax, etc.) e médico (antiinflamatorios e analxesia), segundo o grado da escordadura e remátase cunha vendaxe, que poden ser de varios tipos e, sobre todo, repouso co pé en alto. As vendaxes poden ser dende neuromuscular ata inmovilizacións parciais ou completas ou funcionais (ver imaxes).

E moi importante gardar repouso e cumprir cas indicacións. A recuperación pode tardar dende tres semanas ata meses. Unha escordadura mal curada vai dar moita lata o resto da nosa vida deportiva.

  • 7. ¿Que podemos facer nos ante esta lesión?

Podemos facer as seguintes cousas:

- Poñer frío durante as primeiras 72horas (20min. Cada 2 ou 3 o día)
- Manter o pé en alto.
- Repouso.
- Baños de contraste (meter o pé en auga fría e despois en auga quente)

  • 8. ¿Como se rehabilita un nocello?

Podemos facer exercicios moi sinxelos cos pes na casa. Por exemplo:

- Escribir no aire co pe.
- Estender e flexionar e inversión e eversión do pe co nocello no aire.
- Camiñar de puntillas e sobre os talóns.
- Subir e baixar peldaños.
- Camiñar de lado cruzando as pernas e sen cruzalas.
- Facer equilibrios sobre o pe afectado cos ollos cerrados.
- Camiñar sobre terreos irregulares.
- Estiramentos.

&nps

Espero que con este artigo poida axudar un pouquiño a saber que é realmente un “esguince de tobillo”, como se trata, que podemos facer nós e, sobre todo, que os hai que curar ben e rehabilitar para non ter recaídas.

Máis artigos de Pablo Mouro

Artigos relacionados

Máis información

Comentarios