Juan de Dora: "Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns"

Juan Lado Formoso (Louro 15-9-1998), máis coñecido como Juan de Dora, é un dos futuros valores do fútbol da Costa. Esta tempada está sendo a de consolidación como xogador deste rapaz de Louro e o seu esforzo no día a día viuse recompensado coa súa convocatoria coa selección galega sub-16 en Zafra.
- David Castro: Boas Juan, que tal te encontraches na túa reaparición logo da lesión que sufriches hai un par de meses?
Juan de Dora: Encontrábame raro, demasiado. Eu sabía que non estaba aínda ben, non era o mesmo.
- DV: E agora, cóntanos como te defines dentro dun campo de fútbol, virtudes, defectos, costumes, manías…
Juan de Dora: Pois son moi rápido e gústame o contacto cos defensas. Un defecto é que algunhas veces o máis fácil fágoo imposible. Unha manía entrar co pé dereito no campo.
- DV: Como recordas os teus comezos como futbolista, antes da túa chegada ao Dumbría?
Juan de Dora: Pois moi bos, non teño ningún pero que poñer. Sobre todo empezábame a dar conta do que me gustaba tanto tanto este deporte.
- DV: Chegaches a Dumbría dende o alevín do Monte Louro e desde ese primeiro momento teus pais, sobre todo a famosa Dora, realizaron un gran esforzo para que puideses deprazarte ao Conco en cada entrenamento e en cada partido. Que nos podes decir sobre eles?
Juan de Dora: Que coma eles non hai ningúns, que fixeron e fan todo o posible para que eu xogue no mellor clube da Costa. Gustaríame parecerme a eles cando eu sexa pai.
- DV: O teu nome está ligado ao ascenso dentro do Dumbría CF, xa que participaches no dos infantís á liga galega, nos dous dos cadetes, tanto á liga galega como a división de honra, imaxinaste un ascenso cos xuvenís e cos maiores a 3ª División nun futuro próximo?
Juan de Dora: Pois si, si che digo a verdade é que si, non sei si este ano ou para o próximo pero estou convencido que tanto xuvenís como os grandes ascenderán unha categoría máis. E si eu estou nos dous ascensos, sería top.
- DV: Según teño entendido, dous dos adestradores que tiveches marcáronte moito, que significan Diego Lobelos e Óscar Leis para ti?
Juan de Dora: Pois son como dous irmáns, sempre están aí para todo, tanto no deportivo coma no persoal, e son dous referentes a seguir como persoas e quéroos moito. E, quería recordar tamén ao primeiro entrenador que tuven aos catro anos, que foi o Canelo, el foi quen me metiu o gusanillo do fútbol no corpo.
- DV: Esta tempada está sendo a da túa consolidación como xogador e os feitos demóstrano. Que opinas?
Juan de Dora: Opino que foi a mellor tempada que tuven e espero facelo moito mellor para as seguintes tempadas.
- DV: Despois de todo o que estás facendo e de como che están saíndo as cousas, tes presente que algún equipo importante se pode interesar por ti? Que farías se fose así?
Juan de Dora: Pois recibilo como un premio polo esforzo do día a día.
- DV: Como viviches a experiencia do campionato de España sub-16 en Zafra?
Juan de Dora: Pois cunha ilusión e unha felicidade por estar entre os seleccionados para defender Galicia.
- DV: Que xogador che sorprendiu máis no campionato de España sub-16 que disputaches?
Juan de Dora: Ube, move ao equipo dun lado para outro e toca e toca e volve a tocar.
- DV: Esperas voltar a selección galega para disputar a fase final do campionato de España sub-16?
Juan de Dora: Sí.
- DV: Cal foi o compañeiro co que disfrutaches máis sobre o terreo de xogo?
Juan de Dora: Pois aquí non vou decir un, vouche decir que con todos. Somos todos moi bos compañeiros e moitos somos amigos e disfrutamos todos no campo.

- DV: E, para rematar, que opinas do que está a facer Jorge Parri polo fútbol da Costa? Que che parece que en moitos dos campos aos que vai teñan bonitos detalles con el?
Juan de Dora: Opino, que vou opinar de Jorge Parri? Pois o mismo que todos os xogadores e persoas aos que lle gusta o fútbol coma Parri. Pois que é moi grande, moi grande, e todo o que fai é por amor ao arte non porque o obriguen a facelo, eso é o que fai que o queiran tanto en todos os lados. Remalmente el aínda se merece moitísimos máis detalles.
- DV: Moita sorte crack e a seguir así.
Juan de Dora: Moitas gracias a ti David. Gracias.
- David Castro, de O Fútbol unha pasión ([email protected]).
Outras entrevistas de David Castro
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- Gracias Ángel, por darlle tanto ao Fútbol da Costa.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”, 25 Set 2013
- Entrevista de David Castro con Juan Chans: “Volvín ao Corme porque xogan os amigos de toda a vida”.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría, 03 Abr 2013
- Entrevista de David Castro co porteiro cabanés Sergio Aranzubía.
- Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol.
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).