Liga Intermunicipios: Cambio de líder
Cambio de líder o que nos deixou esta segunda xornada da Liga de Intermunicipios tras a goleada ao Sporting Seaia, o Sporting Brea que encabeza a liga pola diferencia de goles. Por detrás do equipo verde está o Baldaio que segue sin quitar o pé do acelerador. Outro dos que suma de tres en tres é o Rus que sufriu para vencer ao Laxe no Cabo da Area. O Cereo é o equipo que cerra este cuarteto de cabeza, tras vencer con solvencia nun campo difícil como é o de A Piña. Mentras tanto, o Xornes visitaba ao Valenza coa intención de sumar a súa primeira victoria pero o equipo da parroquia coristanquesa non deixaría marchar os tres puntos do seu campo nun partido moi disputado.
O novo líder da competición, o Sporting Brea, gañou nas Eiroas ao Sporting Seaia por un contudente 1-9, con Ivi como auténtico protagonista, xa que o xogador dos verdes anotou 6 goles na victoria do seu equipo. O partido tuvo un claro dominador e xa se chegaba ao descanso cun contundente 0-5. Á volta do tempo de lecer parecería que reaccionarían os locais cun gol de Jorge Parga, pero tan só sería un espellismo, xa que os de A Brea seguirían dominando e facendo goles ata acadar o resultado final. Os goleadores do encontro por parte do Sporting Brea foron Fran Fariña, Toni, Miguel e o pichichi Ivi en 6 ocasións, mentras que Jorge Parga fixo o gol da honra para os malpicáns.
O Baldaio visitaba o Municipal de As Eiroas para enfrontarse ao Peña Galicia e defender o liderato. Os baldaieses dominaron todo o encontro sen problema pero non sería ata os minutos finais cando se vendería todo o peixe. Chegaríamos ao treito final cun axustado 0-1, pero aparecería o eterno goleador Luis para finiquitar o partido con tres goles. O outro tanto dos de Baldaio faríao Alberto Vázquez.
Partido bronco e con moitas interrupcións ademais de aburrido e sin claras ocasións de gol o que se viviu no Cabo da Area. Tamén hai que destacar a actuación do colexiado no que ensinou demasiados cartóns. Teríamos que esperar ata o minuto 75 para ver o gol de Adrián Fuentes logo dun saque en longo do porteiro do Rus, Andrés. Este tanto supuxo a sufrida e satisfatoria vitoria dos da parroquia carballesa.
Dura derrota a que sufriu o ADC A Piña o pasado domingo ante o Cereo CF. Os coristanqueses souperon adaptarse ao ambiente que se vive nos encontros en A Piña e xa avisarían dúas veces nos primeiros dez minutos, pero despois desto os locais comezaron a entrar no partido e avisarían cun lanzamento á cruceta. A segunda metade estivo dominada polos amarelos e Iván no minuto 55, en primeira instancia, e logo no 67 poñería o 0-2 no instantáneo. Logo desto o partido volveríase un pouco bronco pero o colexiado soubo dominar a situación. No minuto 80, Roberto Souto faría o terceiro para sentenciar o encontro.
O Valenza quería resarcirse da abultada derrota sufrida na primeira xornada ante o Rus, e así o fixo. Nun partido moi disputado ante o Xornes, os da parroquia coristanquesa foron quen de impoñerse por un axustado 3 a 2.
Nesta xornada descansou o Cances, equipo que debutou con vitoria na Liga de Intermunicipios de Bergantiños nesta tempada 13-14.
Outros datos
Sancionados:
- Iván Bermúdez, do Valenza, con un partido.
- Mateo Rodríguez, do Xornes, con un partido.
Goleadores:
- Iván Pena, do Sporting Brea, con 7 goles.
- Iván García, do Cereo CF, con 4 goles.
- Gonzalo Zas, do ACRD Baldaio, con 4 goles.
- Luis Carro, do ACRD Baldaio, con 3 goles.
Toni Añón, do Sporting Brea, con 2 goles.
Máis información
Crónicas da Liga Intermunicipios
- Liga Intermunicipios: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
- QPC fará seguemento da Liga Intermunicipios de Bergantiños.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).