O premio á eterna humildade

Humildade e éxito poucas veces van da man. Case sempre, os éxitos son para uns poucos afortunados e tamén para os que máis teñen. Pero áA veces, esta norma rómpese e os máis pequenos e máis humildes son capaces de pegar un golpe enriba de mesa e tocar o ceo.
Sei que igual soa a amiguismo, pero o que a pasada fin de semana conseguíu a UD Cerqueda é un premio á humildade, constancia e un enorme acto de superación. Humildade e Cerqueda van da man, dende o seu nacemento, dende o día que se toma a decisión de formar o equipo sénior despois de varias tempadas competindo en categorías inferiores. Tomar a decisión non e fácil por moitos motivos pero ó final vai adiante.
Pasan as tempadas para un equipo dunha parroquia, competindo con equipos cabeza de concello como Muxía, Corcubión, Muros... Xogando de prestado nos dous campos Municipais do Concello, sen poder adestrar, sen moitos medios económicos, con cambios na directiva do clube, pasando momentos críticos, e mesmo estivo preto a desaparición.
Pois a pesar de todo, o clube cumpríu o soño co que nacíu, o ascenso. Atrás queda traballo, traballo, traballo e por suposto moita ilusión de todos os que están e estiveron. Un ascenso merecido e sen deberlle nada a nadie, unicamente ó traballo e ilusión dos que están e estiveron á fronte do club.
- Alberto Pose (albertopose@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Outros artigos de Alberto Pose.
- Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Pode a Costa da Morte albergar un Campionato Nacional de Fútbol?.
- Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Por motivos xeográficos.
- Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
- Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
- Da inmensa cobertura informativa do #fútboldacosta.
- Filiais na Costa?.
- Mangouras, a cabeza de turco.
- A armada costeira do Cerceda.
- Crise no fútbol da Costa?.
- Momentos difíciles nas Directivas do fútbol da Costa.
Fonte
- Alberto Pose para QPC (albertopose@quepasanacosta.gal).