Martes. 23.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
17:34
14/03/14

Pode a Costa da Morte albergar un Campionato Nacional de Fútbol?

Pode a Costa da Morte albergar un Campionato Nacional de Fútbol?

Igual xa resulto pesado pero sigo demandando una asociación e clubs seria, organizada, respectada e sobre todo con gañas de facer cousas polo noso fútbol. Volvo a recordar este tema porque hoxe sóubose que Galicia será a comunidade que albergue a fase final do campionato nacional de comunidades sub-16. Foi ver iso e darme de conta do bo que sería para o fútbol costeiro albergar este evento deportivo, agora máis que nunca porque probablemente teñamos na selección galega a un representante do noso fútbol.

Armeime de valor e chamei a Federación para comentarlle que valoraran a Costa da Morte como sede para celebrar esa final, creo que pasaron de mi, pero a conciencia quedoume tranquila. Agora mesmo penso que a Costa esta preparada para poder acoller un torneo destas características, temos instalacións moi boas e clubs con directivas con gañas de traballar. Si tiveramos un organismo que agrupara a todo o fútbol costeiro e velara polos intereses comúns de todos, seria esa entidade a que tería que facer ese labor de arrastrar eventos de interese e que sirvan de espello para os nosos cativos. Seguro que si ese ente, que se presupón que tería poder, se puxera en contacto coa Federación, seguro que lle prestarían máis atención que a min.

Xa por último, se tiveramos a sorte de que se celebrara na Costa da Morte esta fase final, ademais de ver bo fútbol base teriamos a máis de 120 rapaces, adestradores, familiares que estes arrastran... pasando a fin de semana na nosa terra, co conseguinte beneficio para o sector hostaleiro, pero tamén para a difusión da imaxe da Costa da Morte fóra das súas fronteiras.

Outros artigos de Alberto Pose.

Comentarios