Sábado. 04.05.2024
El tiempo
Alberto Pose
16:28
17/09/10

Roda de novo o balón pola Costa

Roda de novo o balón pola Costa
Xa rodan de novo os balóns nos campos da 3ª autonómica, nacen outra vez as ilusións e gañas nos xogadores, adestradores... dos equipos que este ano compiten na categoría. Comeza entón unha carreira de fondo para cumprir os obxectivos marcados polos equipos neste inicio de tempada. Evidentemente obxetivos moi diferentes según o equipo do que falemos. Pero antes de empezar a miña primeira crónica da tempada gustariame agradecer a confianza depositada en min polos amigos de Que pasa na costa, en especial Óscar e Ubaldo. Hoxe vou analizar os posibles obxectivos de cada equipo porque facelo dos resultados que se acadaron nesta primeira xornada paréceme precipitado. Gustariame destacar que este ano vexo aos equipos moi igualados. Creo que hai un grupo de equipos que son candidatos ao ascenso. Un deles é o Mazaricos, reforzouse ben, con xente de calidade como José Ángel e Aldo que lle dan garra e traballo no medio do campo. Tamén hai que destacar o traballo de Raúl dende o banco, home serio, traballador e honesto que estou seguro que conseguirá o obxetivo que se marquen, claro exemplo temolo no Vimianzo cando el estivo ali. Outro candidato é o Outes. A tempada pasada foi de notable así que esta toca meterse nos postos que lle dan dereito ao ascenso. Os de Roque teñen que aproveitar esas gañas e ilusións que hai en Outes e tamén os ánimos desa gran afección que sempre acode en masa a velos. Tamén meto neste grupo ao Corcubión. Chega ao banquillo Manín, que difícil sera marcarlle un gol a este equipo dado que lle encanta xogar con cinco defensas. Ademais chega ao equipo Dudo para marcar goles, tamén o fai Manuel Cartamil, o que fai falta saber e se xogara de defensa ou dianteiro. Outro bo xogador que tamén chega o equipo e Sergio Manín, tamén desde Fisterra. Nesta competición a regularidade é moi importante, sobre todo nos equipos que non tenen ese plus de calidade que hai noutros equipos da categoría. Outro equipo que pode estar loitando polo ascenso é o Muxía. Volve Luis Romaní, a persoa que, para min, xunto con Papi, deben ser os responsables deste Muxia. Que o deixen traballar e fará un equipo competitivo. Este ano están con eles Gerardo e Fran Pioto, xogador que lle aportara moitos goles e será unha persoa importante no futuro deportivo do clube. Tamén coloco ao Cabana neste grupo. Reforzouse pouco pero moi ben: un porteiro de garantías e un home gol que xunto coas novas promesas cabanesas farán un equipo moi competitivo. Destacar a chegada ao banquillo de Chema Eirís, home traballador e serio. Outro que sempre está como eterno candidato é o Nantón. Os Felix, Sito, Carlos e Luis seguirán a dar o callo outro ano máis, pero penso que o problema vai a ser a regularidade. Terceiro ano consecutivo de Carlos no banco do Cerqueda, e creo que chegou o ano de dar ese saltiño. Cómpre resaltar a sinceridade do entrenador xa que non esconde o obxectivo que marca para o seu equipo, que non é outro que o ascenso. Creo que deben mellorar a sua competitividade, xa que o que non pode ser é que lle ganen aos de arriba e perdan cos de abaixo. Hai outro grupo de equipos que este ano lles toca empezar de novo xa que a tempada pasada viuse cortada a sua mellora en resultados e en clasificación. Un deles é o Pereiriña. Viralle moi ben o convenio que firmou co Cee xa que, por exemplo, este ano cheganlle varios xuvenís do equipo veciño. Aire novo para este Pereirina e ademais verá que o numero de xogadores do plantel é máis elevado. Outro que comenza de novo é o Lira, despois de pasar un calvario o ano pasado en 2ª Autonómica. Parte de culpa foi da Federación, xa que o equipo non contaba co ascenso, pero agora empeza unha nova tempada coas ilusións renovadas e ademais non fichou mal. Ollo con el que pode causar moitas sorpresas o largo da tempada. Para mérito, o do Corcoesto, un mar de dúbidas sobre se sairían a competir e o final aí estan outro ano máis. A min persoalmente fariaseme raro non velos este ano na competición, pero os Pablo, Sireo, Edelmiro, Cabana e companía tiraron de orgullo e sacaron esto adiante. Sorte rapaces e ánimo. Fágome unha pregunta: Cantos equipos perderan este ano nas Bouzas puntos importantes, deses que valen un ascenso? Xa o veremos. E por último están os recén chegados que penso que o seu obxectivo será ir preparándose para dentro duns anos loitar por cotas máis altas. Tamén é diferente o obxectivo do filial muradán, por certo o único da categoría. Será a formacion de xogadotes para o primeiro equipo, que este ano o encargado sera Nieto, un auténtico luxo para o Muros contar cun adestrador que demostrou a sua valia no Monte Louro.

Comentarios