Sábado. 04.05.2024
El tiempo
Alberto Pose
16:25
02/10/10

Tres equipos que teñen o ascenso en mente

Tres equipos que teñen o ascenso en mente
Na análise da Terceira, por sistema, sempre estamos a mirar para a parte alta e pouco ou nada de tempo lle adicamos a analizar a parte baixa. A explicación é sinxela, ninguén descende nesta categoría, de aí que o interese sexa moito menor. Tan só van catro xornadas e polo tanto facer ese análise agora sería moi delicado, aínda non son extrapolables os resultados e unha valoración por postos sería moi perigosa. Do que si me comprometo é de facer unha seguimento exhaustivo e non lle perder a vista, pois me dá que hai equipos que están a sentar moi boas pedras aínda que ao mellor este ano a clasificación non os agracie con grandes premios. Cando menos esta semana voume a determe en tres equipos que teñen entre cella e cella un proxecto de ascenso, pero cos pés na terra e dende a base, sairán ou non coa filosofía plantexada, pero só facer unha aposta por iso xa merece un respecto. Vou a comezar polo Cerqueda, equipo que me toca moi de preto, pois fun partícipe da súa fundación e camiñamos xuntos uns aniños. Se mal non lembro, nunca chegou a estar no segundo posto transcorridas catro xornadas, como xa dicía, non fan fe os postos a estas alturas, pero non resta méritos ao traballo duns anos, coa premisa principal de estabilidade e continuidade tanto no banco como nos xogadores tarde ou cedo será o seu ano. Xa pasaron a etapa crítica de dúbidas sobre si continuar ou tirar a toalla, agora só resta saber cal será o ano no que saborean pasearse polos campos de segunda degustando novos pratos. O Outes medra a pasos axigantados e máis o faría se non comezaran a entrarlle na incubadora a Manu Roque. O míster vai ter que cambiar a estratexia, máis psicoloxía para convencelos de quedar e varrerlle da cabeza esas faraónicas ofertas que reciben os xogadores e menos táctica no campo. Xa perderon ao porteiro e o Noia tamén tocou varias das perlas, é moi doado recoller o froito que non sementaches. Pediría o máximo respecto para estes clubes que tan bo traballo están a facer dende as categorías inferiores e un pouco de ética na xestión das fichaxes, hai moitas horas de traballo e sufrimentos que hai que valorar. Os xogadores están para progresar e seguro que ningún club lle corta as alas a carreira dun xogador, pero antes de fichar que analicen si eles lle van poder dar esa progresión aos rapaces. Xa por último, non podo pasar por alto a primeira vitoria do Laxe, na súa casa e co seu público. Certo é, que o primeiro ano é máis doado congregar e convocar a afección que esta desexosa de fútbol tras varios anos, pero non todos os equipos o poden dicir. Ilusiona o proxecto que está a facer a directiva e ten moi claro que a base de continuidade pasa por crear categorías inferiores. Outra cousa que teñen clariña, o ascenso non é un fin que xustifique os medios, por tanto, coñecendo un pouquiño o que pasa pola cabeza da directiva, non nos asombremos de ver ao Laxe por segunda con materia prima da casa.

Crónicas de Alberto Pose

Comentarios