Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte
Preguntabase Alberto Pose a semana pasada: "Pode a Costa da Morte albergar un Campionato Nacional de Fútbol?".
Pois ben, a situación non é sinxela. Despois dunha reunión este luns na Federación para tratar o tema de que a Costa da Morte puidese ser sede do campionato Nacional sub-16 de Seleccións, compréndese que non é doado ser sé, xa que habería que cumprir unhas normativas e esixencias mínimas das instalacións (como o simple feito de ter 4 vestiarios), e de infraestruturas (por exemplo, ter un hotel de 4 estrellas preto do campo de fútbol e con capacidade para unha marea de hóspedes).
Así, na nosa zona, apenas as instalacións do Conco, en Dumbría, e contando co Hotel Insua de Cee, poderían acoller un campionato de estas características.
En todo caso, a Federación quixo amosarse totalmente aberta a propoñer a Costa da Morte para outros campionatos, outras fases finais de nivel Nacional. Pero desta volta non poderá ser pois ademais, a sé que vai acoller o devandito campionato sub-16, xa solicitara anteriormente á Federación Galega que solicitase á Federación Española acoller o evento deportivo.
Estaremos atentos, e esperamos que o Fútbol da Costa estea atento para solicitar un evento futbolísitico destas características. Porque se noutros deportes xa somos unha referencia nivel galego e mesmo estatal, a nivel futbolístico, só saen das nosas fronteiras as ilusionantes novas do Álbum de Cromos.
Outros artigos de Alberto Pose.
- Pode a Costa da Morte albergar un Campionato Nacional de Fútbol?.
- Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Por motivos xeográficos.
- Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
- Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
- Da inmensa cobertura informativa do #fútboldacosta.
- Filiais na Costa?.
- Mangouras, a cabeza de turco.
- A armada costeira do Cerceda.
- Crise no fútbol da Costa?.
- Momentos difíciles nas Directivas do fútbol da Costa.