A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I)
10:56 25/01/11
1. A localización dos hospitais
Na época moderna, o número de pobres en Galicia non difería porcentualmente do existente noutras zonas da Península ou de Europa. A partir do século XVI vai ter lugar un aumento progresivo da pobreza que dará lugar a aparición de novas fórmulas de asistencia, motivadas ademáis polos cambios sociais que se poden apreciar a partir do Renacemento. O aumento ou disminución da pobreza está nestes séculos moi ligado ás oscilacións derivadas das crises agrarias e cando estas tiñan lugar, aumentaba o número de pobres con máis intensidade nas vilas e núcleos que poderiamos chamar “cabeceira de comarca”. Esto explica, en boa medida, o desenvolvemento da rede asistencial-hospitalaria galega que na súa orixe pode explicarse por unha serie de causas:- a) o número e distribución dos pobres;
- b) a importancia e tipoloxía das cidades;
- c) o sistema económico dominante en cada zona;
- d) a rede viaria e os movementos de población;
- e) as ideas asistenciais dominantes.
Desde Santiago podemos establecer varias redes, unha cara a costa sur que remata en Tui; outra cara a costa central que remata nas vilas de Muxía e Fisterra; outra cara a costa norte (Betanzos, Pontedeume) que alcanza a costa cantábrica rematando en Ribadeo. Finalmente teriamos a rede que cubre o roteiro de Castela ou Camiño Francés e un pouco ailladas do resto as redes hospitalarias das comarcas vitícolas de Ourense e suroeste de Lugo.
Pasaremos agora a centrarnos na rede asistencial da nosa realidade máis próxima. En primeiro lugar debemos lembrar a pouca cantidade de centros de acollida existentes na costa septentrional da ría de Arousa e na meridional da ría de Muros-Noia. Xa nestas dúas últimas vilas contamos con centros asistenciais que gardan relación co importante pasado e presente dos seus núcleos de poboación. Un pouco máis ó norte, as vilas de Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía, contarán con modestos centros que se poderían empregar para uso de peregrinos e en menor medida para asistencia a pobres e enfermos locais, aínda que nos casos de Cee e Corcubión esta debeu ser a súa primeira función. Sen dúbida, a presenza de dous centros de peregrinación como son Fisterra e Muxía debe axudar a comprender mellor esta concentración de hospitais nun curto espazo xeográfico.
* Nota aclaratoria da imaxe: o hospital real de Santiago, mandado construir polos Reis Católicos, foi o centro asistencial máis importante de Galicia na época moderna. Na súa orixe foi hospital de peregrinos e desde o século XVIII ata o ano 1953 tamén acollería a toda a cidadanía de Santiago e comarca (incluíndo boa parte da Costa). No ano xacobeo de 1954, despois dunha ampla reforma, que o reconverteu en hotel, abriu como Parador Nacional de Turismo.
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- V: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- VI: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses
- VII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): 5. Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- VIII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII).
- IX: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII).
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.