A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza

Na Alta Idade Media o papel xogado polo mar limitabase ó ámbito local dando a impresión de que tódolos trocos que se deron na bisbarra tiveron lugar de costas a el. Non é posible negar que tivera xa dende cedo un certo papel na economía local, pero non semella que tivese unha importancia relevante, e é que no século XII, o mar é aínda unha ameaza máis ca outra cousa. Os sarracenos saqueaban periodicamente as costas, saíndo das súas bases situadas no litoral atlántico dende Sevilla ata Coímbra. Cando a Historia Compostelana relata estes ataques sinala que os saqueos caían sobre as terras de Postmarcos, Entíns, Nemancos e Soneira, entre outras, e que «os campesiños do litoral do Océano abandoaban a costa dende a metade da primavera ata mediados do outono, ou agachábanse en covas con toda a súa familia».

A fin do imperio almorábide e a aparición das segundas taifas, significou o comezo da desaparición da ameaza de saqueos nas costas, proceso que o seguinte avance cristián do século XIII, nos tempos do rei Fernando III, quen conquista e engade ó seu reino as importantísimas cidades de Sevilla e Córdoba, acabou por consolidar. A desaparición da ameaza musulmana o Sur da Península Ibérica, posibilitou que os mercaderes italianos puideran por primeira vez chegar ata as costas do norte, de Francia e Frandes sen precisar usa- la rota terrestre, moito máis lenta e custosa. Galicia, situada no punto medio entre a saída e a chegada, converteuse, deste xeito nunha escala técnica case que obrigada.
As repercusións do paso dos navegantes ben do norte de Europa, ben de Italia, non se fixeron esperar. Os mercaderes non dubidan en comerciar coas xentes da costa e deixan ó seu paso variadas mercancías; non se trataba no naso caso, dunha práctica moi legal, xa que os portos das vilas de Cee e Corcubión non estaban autorizados para facer cargas e descargas: a Coroa víase, polo tanto, defraudada por un comercio clandestino, pero estes intercambios significaban tamén un fraude para os comerciantes do punto de orixe, xa que acostumaba a estar establecida a obriga de que os barcos non se detivesen a facer tratos mercantís ata que non tivesen chegado ó seu lugar de destino.

Para os portos das nosas rías, e para Galicia en xeral, estes desembarcos significaban a oportunidade de se facer cunha serie de artigos de certa calidade a un prezo de avantaxe, dada a clandestinidade coa que se facían; probablemente, entre estes productos, o maior peso recaía no téxtil, nos panos e teas italianas e flamencas, aínda que non faltaban outra clase de obxectos, como amosa a imaxe de San Marcos da Cadeira conservada na igrexa parroquial de Corcubión, de orixe veneciana. Xentes do interior de Galicia, mercaderes e mesmo cóengos da catedral compostelá acudían ata a beiramar a comprar a bo prezo. Como resulta lóxico, temos moi poucas fontes para coñece-Ias características deste comercio, pero de cando en vez aparecen algunhas cantas referentes a el; así aconteceu entre 1400 e 1420, cando o despenseiro do cabido da catedral fixo varios viaxes ós portos de Cee e Muxía, gastando a suma de 23.376 marabedís en tapete preto, bocaran, lyno ... tres damasquins, uns brancos e hun preto, mercados ó comboio veneciano cara Flandes.
Mais este comercio foráneo exercido nas costas galegos non quedou aí, senón que serviu como acicate e motor ó desenvolvemento do sector pesqueiro galego. Se este fenómeno comercial e pesqueiro significou o espertar de Cee e Corcubión cara ó mar e cara ó seu crecemento e diferenciación respecto ó mundo rural circundante, non se trata dun fenómeno único, e mesmo nos seus arredores, podemos contemplar casos moi semellantes: Muxía no norte e no comezo, Sardiñeiro, ó leste; esta vila embrionaria, recollida polos libros de rendas da mitrá compostelá, vai ser substituída en 1384 por Fisterra, que o arcebispo de Santiago, don Juan García Manrique, compra á familia dos Mariño. Fisterra vaise ademais converter, pola súa privilexiada situación e polo seu comparativamente fácil acceso, no principal dos portos da zona.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).