Sábado. 07.09.2024
El tiempo
23:20
15/04/12

Alimentos quilométricos

Alimentos quilométricos

As patacas de Valencia, o leite de Francia, a piña de Costa Rica, os cereais para o gando de Norteamérica, uvas no mes de abril e laranxas en agosto… Isto é o que podemos ler nas etiquetas dos alimentos que todos os días mercamos nun supermercado calquera. Nestes pequenos cartóns hai un dato que se oculta: os miles e miles de quilómetros do transporte de alimentos.

As cifras son, cando menos, arrepiantes. Un informe publicado esta semana pola asociación ecoloxista Amigos de la Tierra xunto coa Universidade de Sevilla e a de Vigo sinala que no 2007 España importou trinta millóns de toneladas de alimentos que tiveron que percorrer unha media de 5.013 quilómetros para chegar ata as nosas fronteiras. Ao que lle hai que sumar a distribución os puntos de venta finais.

Todos estes quilómetros tradúcese en 5 millóns de toneladas de dióxido de carbono emitidas a atmósfera. Case nada. E todo por introducir alimentos doutros lugares nos nosos hábitos de consumo actuais. Quen rexeita comer un “fresca” piña en calquera época do ano? Pois está ben saber que esa peza de froita tivo que andar máis de 5.000 quilómetros para chegar ata a nosa boca.

É dicir, que un dos maiores problemas do cambio climático (a emisión de dióxido de carbono) parece non ter solución coa actual cadea alimenticia que temos imposta. Ademais, é fácil observar que o transporte de alimentos está nas mans das multinacionais, destruíndo o local coa súa consecuente degradación social e ecolóxica. E as cifras seguen en aumento, xa que as importacións de alimentos medraron máis dun 50% entre os anos 1995 e 2007.

O informe de Amigos de la Tierra tamén indica que o medio de transporte máis empregado é o barco e o menos o tren, que segundo o estudo este último ten un impacto ambiental vinte veces menor que o primeiro.

Estes son algúns datos dos miles de quilómetros que percorren os alimentos:

Como se pode observar na táboa, os grupos de alimentos que máis quilómetros viaxan son: cereais, pensos, café, especias, pescados, mariscos, froitas e legumes. Mesmo algúns alimentos identificados coas nosas costumes (leite, pescado, viños,…) son producidos a miles e miles de quilómetros das nosas casas.

En definitiva; iso de comer uvas en agosto e laranxas en abril non é nada bo para o noso medio!

Se queres ler o informe pincha na seguinte dirección: http://issuu.com/amigos_de_la_tierra_esp/docs/informe_alimentoskm.

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Fonte

Comentarios