Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos
Tralo levantamento do 2 de maio en Madrid, será a Xunta Xeral do Principado de Asturias a primeira en proclamarse soberana. Despois de envíar unha embaixada a Inglaterra, declarará formalmente a guerra a Francia o 25 de maio de 1808. A esta sublevación dos asturianos uniranse pronto o resto de xuntas; o día 27 fórmase a de Cantabria, pouco despois, o día 30 será o turno de Galicia, o 1 de xuño o movemento patriótico maniféstase en León, etc… O primeiro levantamento popular en Galicia tivera lugar en Vilagarcía o día 12 de maio pero sen consecuencias na práctica. Será na cidade da Coruña o 30 de maio, coincidindo coa onomástica do rei Fernando VII, cando o descontento existente na cidade de lugar á creación da Xunta Local da Coruña. Nos seguintes días haberá manifestacións contra o invasor francés nas principais cidades de Galicia e incluso nalgunhas vilas e portos como os de Muros, Corcubión e Corme.
Ante a ocupación do territorio peninsular polas tropas de Napoleón e a pasividade das antigas institucións que sustentaban o Estado, crearanse por todo o territorio peninsular diferentes juntas como nova fórmula de exercicio do poder e como primeira manifestación clara e máis ou menos organizada da vontade de facer frente ó invasor francés.
En Galicia, será a Xunta Local de A Coruña a que tome a iniciativa de convocar ás principais cidades para que envíen representantes á cidade herculina co fin de reunirse e tomar os acordos que fosen necesarios. Nace así a Xunta Suprema de Galicia que se reune por primeira vez o 5 de xuño de 1808. Na ausencia do monarca, ela será a representación da soberanía popular e na súa curta existencia levaría a cabo unha intensa actividade que abarcou, ademáis da organización militar, tarefas diplomáticas e facendísticas.
Ademáis, grazas a documentación conservada, especialmente a que fai referencia á correspondencia entre a Xunta e os Concellos, podemos coñecer de primeira man como se foron desencadeando os acontecementos antes da entrada das tropas francesas en Galicia, o que aconteceu nos primeiros días do ano 1809. Será neste intre cando a Xunta se desfaga deixando ós concellos desamparados. A máxima autoridade pasará a desempeñala accidentalmente o Marqués de la Romana, pero esto forma parte xa doutra historia, a da ocupación militar francesa de xaneiro a xuño de 1809, xa ben coñecida e da que xa temos dado conta nas páxinas deste xornal. Voltando ós primeiros días do mes de xuño de 1808 e coa Xunta Suprema xa constituída, as cartas que van enviando os concellos ou as autoridades de marina dos diferentes portos amosan con claridade o estado de intranquilidade e incertidume que hai nos diferentes lugares. Sirva como exemplo o acontecido en Corme: “...al amanecer del domingo 12 del que rige, se sintió el repique de campanas (que tengo dispuesto en toda la sargentía mayor de mi cargo) y al momento se armaron todos sin excepción hasta los señores curas y eclesiásticos con las voces que corrían de que las fuerzas del enemigo común, hiciera desembarco en las inmediaciones de esa plaza...”.
Os franceses estaban aínda moi lonxe de Galicia e tería que pasar todo o ano 1808 para que pisaran chan galego pero a falta de información, a confusión e o nervosísmo leva ós habitantes de Corme a armarse rapidamente cando ven chegar unha embarcación que só viña a buscar un decomiso de moneda con destino a Sada. De todas formas, este suceso sírvenos para comprobar a boa disposición dos veciños desta zona a repeler unha posible invasión francesa. Así o manifestaba o sarxento de marina Martín Antonio Belo cando escribía desde Corme o 13 de xuño de 1808 para poñerse á disposición da Xunta “... el celo y griterío de vivas de nuestro soberano Don Fernando Séptimo, enternecían el corazón más empedernecido con las expresiones de que hasta derramar la última gotera de sangre, habían defender nuestra santa Religión y la Real Persona...”.
O espíritu patriótico e a confianza das autoridades locais en poder derrotar a un inimigo que se atopaba a centos de quilómetros de distancia é predominante nas declaracións conservadas da época. O sarxento Belo incidía, referindose de novo a Corme e ás súas xentes, en que “... estoy en el firme concepto de que si intenta el enemigo invadir esa plaza, se sacrificarán en su defensa...”.
Este exemplo da boa predisposición para defenderse do invasor é aplicable á maioría dos portos galegos xa que a conflitividade no mar era cotiá na costa española desde o último cuarto do século XVIII. As vilas mariñeiras non foron alleas ós problemas derivados das guerras que España tivera con Francia primeiro e con Inglaterra despois, como resultado da desastrosa política de alianzas internacionais levada a cabo polo primeiro ministro de Carlos IV, Manuel Godoy. A presenza de barcos corsarios e fragatas militares de ambas nacionalidades foi habital na nosa costa, dada a súa situación xeográfica, durante os períodos bélicos, por eso o temor dos seus habitantes á unha posible invasión de tropas francesas por vía marítima estaba máis que xustificada.
De todas formas, ó incorporarse pronto Inglaterra como aliada de España, e tendo en conta a supremacía da súa armada tal e como quedara demostrado na batalla de Trafalgar, a ocupación da Península Ibérica, incluíndo Portugal, por parte dos exércitos franceses tiña que ser levada a cabo necesariamente por terra, como como finalmente aconteceu.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).