domingo. 17.08.2025
El tiempo

Os Ciclóns fanse co Mellor Torneo de Verán do Mundo na Gran Festa do Fútbol da Esteiro

A Salina na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2025 copia
A Salina na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2025
Os Ciclóns fanse co Mellor Torneo de Verán do Mundo na Gran Festa do Fútbol da Esteiro

Se o Fútbol da Costa é o mellor do mundo, o Campionato de Barrios de Esteiro é Mellor Torneo de verán do mundo. Incrible o que se vive cada 15 de agosto no Xosé Luís Vara. O campo da Salina acollía este pasado venres 15 de agosto, no marco das Festas do Carme, a gran final da 46ª edición do senlleiro torneo. Despois das intensas semis, o pobo esteirán, e moitos amantes do fútbol da Costa de toda a volta, achegábanse para ver a finalísima entre os Ciclóns do Maio e Pentacosta.

Tiramos, como non, da crónica e fotos de Róber Pladur para dar conta da gran Festa do fútbol de Esteiro, que comezaba ás 18:30h cun partido de crianzas, dando conta de como se traslada de xeración en xeración ese sentimeno de pertenza e identidade ao teu barrio, e a todo Esteiro, a través do balón. Enfrontábanse unha miniselección dos “Da Ponte de aquí” (Independiente, Ciclóns e Carallo Santo) contra os “Da Ponte de alá” (Cánchester, Pentacosta e Abelleira) e o choque remataba cun 7-3 a favor dos “de aquí”.

Pentacosta na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2025 copia
Pentacosta na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2025

Ás 20:00h, tralas gaitas, chegaba a gran final. Comezaba o choque moi intenso, Con Alex de Yi tendo que facer varias intervencións de mérito, a tiros de Toni ou Simón Casal. Co paso dos minutos os Ciclóns ían subindo liñas e se Manu de Yi e David Añón avisaban, Josiño abría a ala para os azuis. 

Saía enchufado o cadro v erde na segunda e Simón Casal vlvía facer aparecer a Alex de Yi, pero pouco despois Manu de Yi, o máximo goleador dos Ciclóns, ampliaba o marcador.
Non lle perdeui a cara ao partido o Pentacosta e seguíu aprentando, pero Jaime sentenciaba o choque nunha contra por banda permitindo que os Ciclóns se proclamen campións por segundo ano consecutivo.

Ciclos do Maio na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2025 copia
Os Ciclóns do Maio, os campións

Máis alá do fútbol, cómpre destacar o ambiente no campo, nunha auténtica festa, que demostra o potencial social do noso Fútbol da Costa.

”Loga vida o campeonato de Barrios de Esteiro”, claro que si, Róber!.

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO

 

Comentarios