A Xunta porá unha rotonda no cruce de Berdoias

É, sen dúbida, un dos puntos negros da AC-552. O cruce de Berdoias ( punto quilométrico 74+800 da AC-552, termo municipal de Berdoias, onde cruza a estrada de Santiago a Muxía (a AC-441, que comunica con Baíñas e A Pereira; e a AC-440, que comunica con Muxía) e a estrada Coruña-Cee) leva décadas sendo un dos lugares con máis accidentes da comarca.
Ante esta situación, a pesar das continuas novas medidas de prevención, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanza no estudo para a redacción do proxecto para reforzar a seguridade viaria.
En concreto, pretenden instalar unha glorieta así como varias melloras da sinalización nas incorporacións que existen no treito.
O investimento inicial da actuación estímase en 720.000 €, e será cofinanciado con fondos FEDER 21/27, a Xunta conta que a finais deste ano terá o proxecto construtivo para a súa supervisión.
Máis novas