Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses
12:05 28/02/12
Moito antes de que os exércitos de Napoleón pisaran chan galego, a Xunta Suprema de Galicia dera ordes claras a tódalas cidades e vilas alarmadas para que tomasen especiais medidas contra os franceses que residían en Galicia, no caso de que non estiveran españolizados, e contra os barcos da mesma nacionalidade que atracasen nos nosos portos: “...el Reyno ha resuelto que todas las propiedades y pertenencias de los basallos del Emperador de los franceses sean secuestradas, confiscadas, y inbertido su producto en los gastos de la presente guerra... que qualquiera que no manifieste con toda exactitud y pureza los caudales, géneros y efectos que tenga en su poder pertenecientes a los franceses será tratado y castigado como traidor...”. Esixíase ademáis que de todos os bens confiscados se pasase informe por duplicado, un con destino á Xunta e outro á Facenda. Esta circular da Xunta de 8 de xullo de 1808 sería pouco despois suspendida en parte xa que se consideraba inxusto un embargo xeralizado que afectaría tamén ás propiedades daqueles franceses que levaban moito tempo asentados en Galicia e que tiñan manifestado o seu apoio á causa española. Asi, por exemplo, na cidade de A Coruña será posto en libertad Juán Francisco Barrié a primeiros do mes de agosto. A orde, pois, incidirá principalmente en aqueles franceses que non teñan feito o xuramento de fidelidade ó monarca español.
Un mes antes desta circular da Xunta Suprema de Galicia, a Xunta Local de A Coruña e o xeneral en xefe do exército, Antonio Filangieri, xa tiñan dado instrucións ós Comandantes de Marina dos diferentes distritos para o embargo de calquera buque de nacionalidade francesa. Por esta razón, en 9 de xuño de 1808 “... haviendo en este puerto de Corcubión un barquito de aquella nación que ha servido de corsario, se va a proceder a su embargo, pero para cuydarle ha quedado a su bordo un muchacho de la misma nación; y en vista de esta determinación espero que a la mayor brevedad posible se sirva V.E. decirme si lo tiene a bien, lo que he de hacer de el, como también de otro yndividuo de la misma nación, que está aquí casado, pero que no ha querido juramentarse por español antes de ahora, antes al contrario permanecer por vasallo del Emperador de los franceses...”.
Nestes primeiros días de xuño a actividade será intensa por parte das autoridades militares e de marina de Corcubión. Noutra carta, datada unha semana despois podemos ler: “...fuy avisado que en la villa de Corcubión havía dos franceses de oficio capadores que hablaban con perjuicio de nuestros intereses y en ofensa de nuestra nación...”, aínda que polo momento non se actúa contra eles por non saber moi ben cal sería o procedemento a seguir no caso de prendelos. O que si se fará é dispoñer unha comisión militar mandada polo primeiro tenente José Lago “oficial de particular mérito en balor, prudencia, y que es mui diestro en hacer sumarios y procesos...” para buscar e coller a tres veciños da zona que desertaran do exército co obxeto de traelos de volta para Santiago de Compostela.
A finais do mes de xuño, o comandante de marina da provincia D. Ignacio María de Alcibar informa á Xunta dos apresamentos feitos en Muros, Camariñas e Corcubión. No primeiro caso o axudante militar de marina do distrito muradán “...acredita haver procedido al de la corbeta nombrada la Bretaña, … con todo su cargamento y pertrechos, presa hecha por el corsario francés la Nueva Jironda, manifestandome dicho ayudante que los efectos pertenecientes a la corveta Alcides y bergantín Belier de la misma nación se hallan sequestrados por la justicia ordinaria de aquella villa...” . Pola súa parte, os axudantes dos distritos de Camariñas e Corcubión informaban de ter embargado unha lancha francesa cargada de tabaco e o barco corsario de nome Boltigeur, respectivamente. A lancha, de nome Lafontaine, traía 14.433 libras castelás de tabaco. O produto derivado da súa venda así como o procedente das demáis mercadurías dos dous barcos terá como destino cubrir as diferentes necesidades que a guerra ocasiona. Así se expresa a Xunta Suprema nunha comunicación á Xunta de Facenda: “...que se haga uso para vestir a la tropa de todos los generos existentes en nuestros puertos procedentes de presas francesas...”.
A mediados do mes de xullo de 1808, o axudante de marina, Manuel Barruti envía ó seu comandante, un informe relativo a tres franceses afincados na vila: “... el uno casado pasa de veinte años jurado por las leyes de nuestra patria, y el otro también casado habrá cosa de dos a tres años, jurado por las leyes de la Francia en últimos del año pasado de 1807, y no por las nuestras; el último soltero, también por las leyes de Francia, que vino a esta el dicho año pasado embarcado en el corsario francés nombrado el Boltigeur; en el hizo dos campañas y de concluídas se quedó en dicho buque para cuidarlo por cuenta de sus amos franceses...”. Por informacións complementarias sabemos que o primeiro deles era Domingo Casanoba “que militó en el Regimiento de Yrlanda, obtuvo su licencia y casó con una hija del pueblo... y desde su establecimiento aquí siempre vivió sugeto a toda carga vecinal...”. Serán pois, os outros dous os que se verán afectados polas ordes referidas ó xuramento de fidelidade. Así, o concello de Corcubión, facendo cumplir a orde de 24 de xullo “...para que los franceses que no tengan hecho el juramento de fidelidad lo verifiquen, dando cuenta de los que no quieran hacerlo para tomar la providencia que convenga...”, convocou a Bernando Bonnel de 29 anos e a Bernardo Cabanés, de 17 para que aceptaran ou rexeitaran o citado xuramento. O primeiro deles negarase ata o de agora a xurar as leis españolas, mentras que o segundo era o rapaz que quedara no corsario Boltigeur. Vistas as circunstancias do momento os dous “... enterados y bajo juramento que hicieron separadamente según forma judicial se refiere de que doy fee, protestan guardar fidelidad a la nación española, estar y pasar por sus leyes y cumplir con las órdenes españolas... como si fueran berdaderamente compatriotas...”. Fírmase dito xuramento na data do 30 de xullo de 1808 e coa presenza das máximas autoridades: Bartolomé Francisco Figueroa e Porrúa, rexidor perpetuo en funcións de xuíz e, polo tanto, presidente, Antonio de Leira e Castro, rexidor, Francisco de la Barrera e Montenegro e Angel Escaja Bueno, deputados do común e Diego Figueroa e Porrúa, procurador síndico xeral da vila.

- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).