venres. 02.05.2025
El tiempo
09:28
19/09/13

As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires

As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires

Moi querida neta Cristina:

Os avós aínda estamos gozando co aroma do aguardiente vivificador que o venres 13 no Teatro Castelao preparou o recoñecido Gran Mestre Queimador "O Muxo de Salvaterra". Espero non che sorprenda o que che estou contando xa que acá arriba non hai ningún tipo de restrición ao consumo de bebidas orixinais da nosa terra. Moitos pensan que estamos lonxe e que non nos decatamos de nada. A verdade é que formamos parte activa ---non pasiva--- de toda actividade galega que busque manter viva a nosa identidade en terras arxentinas.

Podes imaxinar os recordos que me trouxo o sentir aquel curativo cheiro que na miña infancia axudaba a combater os duros invernos na montaña fonsagradina. Pódoche asegurar que non foi unha "queimada" máis. Alí, co salón repleto de xente, os asociados puideron sentir que estaban unindo forzas para axudar á recuperación do Centro Galego. Vimos a varios ex directivos de distintas agrupaciones que sorrían. Iso é a mostra máis evidente de que o traballo do interventor A Blunda Criado está dando froitos.

Aínda que supoño que Alicia xa che informou do bo laburo que está desenvolviendo a Intervención, non podo resistirme a chusmear un pouco. Infórmoche que pintaron na planta baixa. Agora a recepción ---espazo utilizado diariamente polos socios para pedir cita--- é máis alegre. Se habilitaron servizos que estaban inactivos ou case desaparecidos por exemplo o de pediatría. Ampliáronse os horarios de atención para beneficio dos socios. Hai máis médicos atendendo polas tardes. Antes todos querían soamente a "papita rica" da mañá para polas tardes facturar na súa consulta particular.

Ás veces, Cristina, parécenos que non se fixo nada pero unha pequena mellora é un gran avance. É evidente que a ninguén lle gusta que veñan de fóra a mandar na túa propia casa. Agora ben, nós os galegos somos agradecidos. Aceptamos a triste realidade de que o Centro Galego recibiu un ataque ao seu integridad desde o interior do seu organismo. Os encargados de manter o escudo ben agarrado non cumpriron. Se doblegaron a escuros intereses económicos vinculados con empresas medio carroñeras que andan á espreita de mutualistas con problemas.

Ben, non che ocupo máis tempo, pero antes de despedirme quero aproveitar esta carta para pedirche que non deixes de apoiar ao Centro Galego. Xa se que é moita guita a que se está poñendo cada mes para os salarios dos máis de mil empregados. Os avós opinamos que non son pesos tirados. É unha moi rendible investimento xa que miles de cidadáns teñen na esquina porteña da avenida Belgrano un centro de atención médica que lles cura con agarimo e profesionalidad os seus dobres dolencias de corpo e alma.

Agora mesmo ocórreseme ---perdona que che entreteño uns minutos máis--- suscitarche que intentes facer un lugarcito na túa axenda para recibir a dous honrados emigrantes coñecidos nosos. Sabemos que charlando contigo abriranche as follas do gran libro emigrante galego no Río da Prata. Refírome a doña Lola -xa che falei dela-- e a don Ramón. En serio, Cristina, faime caso. O comer un cachito de empanada e beber unha "cunca" chiquita de queimada na súa compañía, será suficiente. Quedarás convencida de que a suor dos galegos está na base de cada unha das grandes obras que fixeron da nosa querida Arxentina, unha terra de esperanza. Recibín un abrazo do avó da aldea de Mazaeda.

- Pascasio Fernández Gómez.
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios