As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III)
3. O Censo de 1533
O problema máis grave que nos prantexa esta fonte é que ó non tratarse dun reconto de base parroquial, resulta moi difícil saber que lugares se engloban nas distintas xurisdicións e cotos. Ademáis, neste vecindario non se inclúe nin ó clero nin ós fidalgos que estaban exentos, se ben esta falta non é moi importante no caso concreto de Cee xa que a poboación de estado noble existente na vila era pouco importante. A información obtida refírese a propia vila, mentras que as outras parroquias do actual concello non aparecen, salvo o caso de Brens que vai unido a Dumbría:
Veciños en 1533 (datos da comarca)

O valor demográfico da táboa non é moito polos problemas que xa mencionamos pero, con todo, sírvenos como punto de partida para ver como se repartía a poboación polas nosas terras no primeiro tercio do século XVI. Con estes datos, sempre tendo en conta que existe en boa medida un grao de ocultación na fonte, dado o seu carácter fiscal, parece que as vilas mariñeiras non eran os lugares máis poboados neste intre. A razón é ben simple, a seguridade diante dos habituais ataques de piratería era moito menor que terra adentro, por eso atopamos a partidos como os de Dumbría e Brens ou ó de Morquitian e Bardullas como os lugares máis poboados. Outro lugar escollido polos labradores será arredor das comunidades eclesiásticas. Así, ó amparo dos monxes dos prioratos de Ozón, que engloba o partido de Touriñán e Nemiña, e de Moraime atópase a zona máis habitada da comarca neste momento. Terán que pasar moitos anos para que a poboación se desprace cara as vilas...
En definitiva, pouco podemos saber da poboación coa que contaría o territorio que hoxe conforma o actual concello de Cee no primeiro tercio do s. XVI. Temos datos da propia vila pero faltan as outras parroquias. O que se pode intuir a través dos libros de foros de distintas institucións eclesiásticas (por exemplo Toxos Outos como dono por enteiro das propiedades nas parroquias de Pereiriña e Codesos e de parte das de Toba), é que as parroquias rurais do noso concello estarían pouco poboadas, limitándose a poboación a uns cantos “casales” dispersos que serían os puntos referenciais para os labradores desta zona.
O outro gran problema para coñecer a poboación é que ésta ven dada en veciños e non en habitantes. Débese entender por veciños, o número de fogares ou tamén o de unidades fiscais, se ben neste caso pódese dar a circunstancia de que nu mesmo fogar exista máis dunha unidade fiscal. De calquera xeito, a conversión de veciños a habitantes, cas fontes que temos, é pouco menos ca un xogo de azar, polo que nos conformaremos, para a análise da poboación neste século XVI con ver a evolución do número de veciños.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).