As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (I)
Fernando Blanco de Lema nace a finais do século XVIII (1796), nun período marcado pola crise e os cambios que anuncian o paso do Antigo Réxime a Idade Contemporánea. Os séculos da Idade Moderna ou do Antigo Réxime estiveron marcados polo tardo feudalismo, o predominio da agricultura e a conformación estamental da sociedade. Con todo, xa no século XVIII apreciamos cambios importantes que indican que o inmovilismo característico de épocas pasadas está chegando ó seu fin. Algúns exemplos son a consolidación do crecemento demográfico, as novas ideas chegadas de Europa, o auxe do comercio interior e exterior, os novos cultivos como a pataca ou o millo aínda que este xa ven do seculo anterior, a expansion da gandeiría ovina e a mellora da productividade agraria coa consecuencia da elevación do nivel de vida dos labregos e dos seus rentistas, a expansión de artesanías coma o encaixe, os lenzos, o liño, a apertura do porto da Coruña ó mercado americano e a chegada de nobres ou fomentadores foráneos farán das décadas centrais deste século unha época de desenvolvemento e de progreso na que nada facía intuír a grave crise xeral do país a partir do reinado de Carlos IV.
Se a agricultura mellora, a pesca tamén será unha actividade básica na comarca de Fisterra, sobre todo a da sardiña. Os fomentadores cataláns chegan as nosas costas e inician cambios ó principio fortemente contestados, iniciando a industria do salazón. Estes comenzaron practicando un sistema de relacións económicas que podemos considerar "colonial", pois durante a tempada de pesca achegábanse para merca-la meirande parte da colleita, enviándoa logo salgada a outros lugares da península, sobre todo a Levante; en troco deixaban produtos textís e augardentes, non retornando ata a seguinte campaña. Na nosa ría aparecen cedo, convertindo ós antigos mariñeiros libres en asalariados dependentes dos precios do monopolio que impoñían.
Por esta causa, xa no 1757 ten lugar o primeiro motín anticatalán, protagonizado por unhas 70 mulleres de Cee e Corcubión, que estragaron os aparellos enfrontándose ós empregados de Xoán Escardó e Paulo Fábregas. No ano seguinte, uns peritos de Ayamonte (Huelva) realizaron na ría o segundo experimento en Galicia para avalia-los perxuicios que causaba o arte da xávega ou arrastre traida polos cataláns, ditaminando no seu favor. Así, con estas novas técnicas e cos mariñeiros agrupados en "Cercos Reais", a produción vai aumentar dun xeito moi considerable e con elo mudarán, xa no século XIX, as relacións económicas chegando a afincarse definitivamente un bo número de familias catalanas, propietarias dun emporio de salgaduras montado sobre factorías que se espallaban por todo o litoral.
Na segunda metade do século XVIII, tanto en Galicia coma no resto do estado, unha serie de intelectuais pretenden a reforma das estructuras económicas do país e a mellora dos súbditos do rei. Son os ilustrados. Entre eles salientamos a Martín Sarmiento e Lucas Labrada porque visitaron a nosa zona e tomaron notas que hoxe nos serven para coñecer algúns detalles deses anos. Os ilustrados tiñan o convencemento que o comercio era un dos atrasos económicos do noso pais e que tódalas nacións adiantadas tiñan unha gran tradición mariña e comercial. Era preciso a mellora das comunicacións e da Mariña. Os nosos portos non contaban con boas infraestructuras, as estradas eran lamentables, as feiras tiñan un curto radio de influencia. Mais había unha intensa labor pesqueira, de producción de lenzos e encaixe ou productos de horta e comercio mariño cos portos do sur e coa Coruña.
Nos anos finais do século XVIII, as guerras contra Inglaterra traerán consigo a ruína do comercio e o atropelo dos nosos portos por parte da Royal Navy. Os comerciantes galegos coma os doutras partes piden ó rei patentes de andar ó corso para poder comerciar con seguridade con mercantes armados e tamén facer dano ós navíos enemigos. Así comeza a andaina dos corsarios galegos, algúns deles da Costa da Morte.
Entre 1792 e 1797 ten lugar unha incesante labor corsaria nas nosas costas, especialmente no último ano. No ano 1801 os ingleses impoñen un bloqueo comercial intensificado no 1804 co bloqueo naval con fragatas de guerra. Neste marco de acoso e de clima bélico os corsarios non son piratas senón comerciantes que defenden o dereito ó comercio e aproveitando as súas armas acosan e fan presas de barcos enemigos con episodios gloriosos de capturas de grandes navíos con bergantíns maniobreiros mais de moito menor porte. Do 1798 ata o 1818 continúa a actividade corsaria na costa da Morte, lugar propicio para atacar os barcos enemigos polo perigo dos seus baixos e ventos. No Arquivo da Mariña hai 238 licencias de corso e Corcubión convírtese nun dos principais portos galegos de venda de barcos e mercancías capturadas ós ingleses e portugueses e grandes comerciantes coruñeses e vigueses veñen ás subastas a esta vila (Barrié). No 1804 catro ceenses morren andando ó corso. Corsarios famosos das costas nerias son, en Corcubión, Antonio de Leira, Lastres, Escaja. En Cee os Meréns e en Fisterra, Agramunt, un gran capitán de barcos armados por mercaderes de Cee.
Precisamente, o declive da nosa mariña e as dificultades que experimenta o comercio marítimo, pola nefasta política de alianzas de Carlos IV, empezará a ser evidente nesta última década do século e confirmado logo das derrotas españolas en Fisterra e Trafalgar (1805).
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema con Darío Areas.
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
A gran crise europea
- Unha gran crise europea (1709-1711): as orixes da nosa emigración.
- Unha gran crise europea (1709-1711) con repercusións tamén na Costa.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).