Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:27
26/06/10

Dom Pedro

Continuamos coa proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Se xa falamos do Frank C e ata coñecimos ás viuvas cara a cara gracias ao fisterrán Xusto. Hoxe, dende Muros, Manuel M. Caamaño cóntanos unha pequena historia dun naufraxio que aconteceu aló polo ano 1895 en augas de Corrubedo. Os restos do médico do vapor Dom Pedro están na igrexa de Queiruga (Porto do Son) e ata alí foi Manuel para traernos estas fotos. Ademais Caamaño nos ofrece a posibilidade de ler un salvoconducto e unha medalla outorgada polo goberno francés a Juan José Romano, un veciño de Carreira, que axudou a rescatar a varios dos náufragos do Dom Pedro. Pódese ler en solopecios.com.

Dom Pedro

Entre os que non lograron salvarse atópanse o capitán Crequer e o Medico de a bordo, o Señor don Gilbert Prosper, o cal apareceu días despois do naufraxio na ría de Muros, na praia de Xudemil na parroquia sonense de Queiruga. Foi recoñecido o seu corpo grazas as iniciais bordadas na súa roupa e os seus restos foron soterrados na igrexa parroquial de Queiruga. Hoxe aínda se pode ver a súa lápida nun curruncho a man esquerda da entrada do templo entre unha parede lateral do mesmo e a tapia de pedra que cerra o adro. Os seus restos xa non se atopan baixo a lápida pois foron trasladados a fosa común cando se fixo o novo cemiterio aledaño a igrexa.

A cara máis íntima do Naufraxio

Comentarios