Sábado. 21.05.2022
El tiempo
10:00
23/05/12

Fran Caamaño: “Chegarei ata onde a ilusión e os militantes do PSOE queiran”

Fran Caamaño: “Chegarei ata onde a ilusión e os militantes do PSOE queiran”
Comezamos hoxe unha nova sección de entrevistas en vídeo da man do xornalista David Lourido Cebreiro, membro da familia Galinus e QPC. A sección leva o nome de "As bondades da fala" e para inaugurala, Lourido estréase co ex ministro, Fran Caamaño.

As bondades da fala, con David Lourido

Defínese conversar como ‘falar [dúas ou máis persoas] de maneira máis ou menos familiar sobre calquera tema’.
O obxectivo dunha conversa pode ser, porque non, o da aprendizaxe a través da posta en común de coñecementos e o intercambio de opinións. Obxectivo co que bota a andar esta sección de conversas en forma de entrevistas, cun primeiro capítulo adicado ao ex ministro de Xustiza e actual candidato á Secretaría Xeral do PsdeG-PSOE na provincia da Coruña, Francisco Caamaño. En case 20 minutos da tempo a comprobar se é ou non consumidor de vitaminas para o galego, de ir ás crebas, de falar de punk, dunha conversa importante coa ex vicepresidenta do Goberno Mª Teresa Fernández de la Vega ou do futuro político da provincia da Coruña e de Galicia. Do Ministerio de Xustiza ata onde os galegos queiran pasando por Que pasa na costa.



Novas relacionadas

Entrevista FRan Caamaño

Máis entrevistas

Fonte

  • David Lourido para QPC.

comentarios