Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental
É ben coñecido o feito de que pasaba certo tempo entre que se celebraba o bautismo, enterro ou casamento, e o seu correspondente asentamento no libro sacramental. Esta situación compróbase cando aparecen anomalías no rexistro (anos con poucos asentamentos frente a outros que destacan polo contrario), e tamén mesmo podemos atoparnos co aviso por parte dun novo párroco que acaba de tomar posesión da parroquia da aparición das minutas (papeis onde se anotaban en primeira instancia os distintos actos antes do seu paso definitivo ó libro. Normalmente, cando a situación económica o permitía, as partidas dos libros eran copiadas por un escribán con boa letra para ter os libros moito máis presentables á hora de ensina-los para levar a cabo as diversas visitas pastorais mandadas polo arzobispado, con evidentes riscos de que estas de poideran perder). Así debeu ocorrer en Cee onde faltan boa parte dos bautismos habidos entre os anos 1704 e 1711. Tamén desde o mes de novembro de 1681 hai un vacío ata 1685 (o día 20 de agosto dese ano morreu o cura e ó revisa-los libros e cando se dan conta da falta), pero ó aparecer anotadas nun caderno as partidas puidose reparara-la falta, aínda que non de todo, xa que no ano 1682 hai poucas partidas de bautismo e do ano 1683 non hai ningunha, cando sabemos que estamos en anos de forte crecemento. Deso mismo era conscente o novo cura que deixa seis páxinas en branco “para cubrir los que faltan si se tiene noticia de sus padrinos o padres”.
Os exemplos de Lires, Cee e Brens así o demostran:
D. Pablo Pérez escribe no ano 1787 respecto á parroquia de Lires: “he hallado muchas partidas de bautizados muertos y casados en papel suelto y pudiendo aveiguar no estaren estampadas en este libro o en otro por el difunto vicario, con licencia superior lo executaré...”.
Do mesmo xeito, aínda que con máis gravedade por afectar a un importante número de anos (cinco e sete respectivamente) temolos casos de Cee e Brens. (Ó morrer ó párroco de Cee no ano 1841 comprobóuse que non había rexistros asentados de defuncións desde 1838 e casamentos desde 1836, faltas que se poideran subsanar ó aparecer as minutas). No caso de Brens, ofrecemos a testemuña deixada polo cura de Ameixenda e polo vicecura de Brens, nos que se explica con detalle como se chegou a esta situación e como se lle puso remedio. O exemplo é aplicable as demáis parroquias cando pasaba algo similar:
Certifico yo Dn Juan Antonio Garcia Mayán cura de la frª del Sr Santiago dela Ameixenda, Juez Comisionado por el Yllmº Sr Dn FR. Sebastián Malbar y Pinto Arzº y Sr dela Ciudad y Arzobispado de Santiago, que acompañado de Dn Juan Andrés Fernández Trillo cura economo dela frª de Sta Eulalia de Brens y en cumplimiento a sus Decretos con fecha de diez y ocho de Diziembre del año pasado de mil sietecientos ochenta y ocho, y tres de junio del presente, de ochenta y nuebe, por los quales sele concede Jurisdicción y facultad, para el reconocimiento delas partidas de bautizados, que por omisión dexó de poner por sus echaques abituales, Dn Manuel Vermudez Figueroa cura que fue dela expresada frª de Brens, y de abiriguadas las pasase al Libro de Bautizados, con la formalidad que se requiere y para que conste lo firma dho. Juez Comisionado con dho. Cura economo, a nuebe del mes de Junio del año de mil sietecientos ochenta y nuebe.
Rematan o traballo o día 12 do mesmo mes despois de asentar preto de sesenta partidas de bautismo e un bo número de enterros e casamentos deixando constancia de que asentaron todas as partidas que atoparon, se ben é posible que se perderan algúns papeis: “En mas abiriguación de otra alguna o mas partidas no pudimos descubrir sino las que quedan declaradas y para que a todo tiempo conste lo firma...”
Do mesmo xeito a alteración das datas nos asentamentos veñen a indicar que pasaba certo tempo entre o acto litúrxico e o seu paso ó libro sacramental. Así, aparecen nas diversas parroquias, exemplos de partidas que cronolóxicamente están mal postas.
En ocasións o mesmo párroco avisa desta circunstancia, noutras a responsabilidade hai que atribuirlla ás ausencias dos párrocos que eran excusados polos compañeiros máis próximos. É o caso de Lires, onde se asenta un bautismo no ano 1687 dous anos despois de que tivera lugar porque o cura de Frixe, que o excusara “lo dejó sin sentar
en su lugar...”. Nos anos seguintes seguirá sendo habitual que o excusen os párrocos de Pereiriña, Sardiñeiro, Frixe, Buiturón. No caso de Ameixenda tamén nos atopamos como o seu cura pode ir a bautizar a Brens na ausencia do seu titular, e como tamén da autorización para que o excusen a el os párrocos de Cee e Brens.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (IV): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (V):5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (VI): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) (VII): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).