Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais
As Visitas Pastorais que cada poucos anos tiñan lugar, informan ben as claras do pouco celo co que algúns párrocos exercián o seu ministerio. A Visita do ano 1699 á parroquia de Santa María de A Xunqueira é ben explicativa: “Que no omita asientos, ponga claro fecha, día, mes y año; que declare si los bautizados son de legitimo matrimonio. Advierta a los padres y padrinos las obligaciones que contraen con la doctrina cristiana. Cuando otro clérigo lo excuse, que lo diga y firmen todos. Que tenga las partidas curiosas y limpias, sin dejar espacios en blanco entre ellas... Si no lo hace será castigado con la pena de excomunión y diez ducados para la luminaria de la parroquial...
A Visita do ano 1741 é aprobada polo delegado arzobispal pero indicallé ó párroco de Cee que sinale nas partidas o día en que naceu o neno/a e que se deixe constancia das ausencias e dos excusadores. A do ano 1766, insiste, entre outras cousas, “en que se anote la partida en el mismo día”, feito que segui sen cumplirse porque tan só catro anos despois aparecen partidas cronolóxivamente mal postas. Desde logo. A condición social ou económica dos pais do bautizado eran unha garantía de maior cuidado á hora de anota-las partidas. Esta circunstancia tradúcese nunhas partidas máis detalladas, como por exemplo a dun neno bautizado no ano 1689 en Corcubión que o cura de Cee, que actuara de padriño por ser da familia, decide anota-lo no libro de Cee “por si acaso no es asentado en Corcubión”, o que ven a indicar que os propios curas tiñan presente a posibilidade de omisións.
Xa, na Visita do ano 1778 pídese que se poñan nas partidas os nomes, apelidos e veciñanza dos abós...

Normalmente, nos primeiros meses despois da visita parece que se toman en consideración estes avisos, pero pronto se voltará ás andadas, quizáis porque pasaba moito tempo entre que acontecían os actos e o seu posterior asentamento, como xa vimos. É por eso polo que se comproba como cronolóxic
amente se repiten os mesmos mandatos, síntoma de que a melloría no maior coidado dos rexistros é moi lenta. Vexamos algúns exemplos pertencentes á parroquia de Brens, pero que son aplicables a nivel xeral:- “...haviendo reconocido las partidas de bautizados desde la ultima hasta aquí, ante el infraescito Secretario las aprobó S.E. quanto haya lugar en derecho. Pero notó S.E. que en los folios 94 y 102 no se expresan los abuelos; que á los folios 107, 110, 115, 116, 120 y su buelta, 124, 125, 127, 128, 129 y desde este hasta su conclusión no se dice la vecindad de los abuelos; que desde el folio 126 hasta la partida antecedente, no se expresa la iglesia en que se bautiza, y que este libro está por folear desde el 130 en adelante: cuyas faltas mandó S.E. se subsanen y evitan á lo sucesivo”...
Está facendo refrencia a partidas desde 1821 que o cura párroco iría posteriormente corexindo para anotar la veciñanza dos abós. Son bautizados por presbiteros (Bartolomé de Noya, Juan de Ponte), aínda que esto no é disculpa suficiente xa que o cura (Juan de Noya) tamén firmou as partidas, polo que tiña que decatarse previamente destas irregularidades. Na mesma visita, neste caso no libro de difuntos atopamos diversas faltas do mesmo estilo:
- “Notando S.E. que la partida antecedente está por concluir, que en varias que se hallan a los folios 30 y 31 no consta que se hayan funerado, mandó se subsanen y eviten a lo sucesivo estas faltas, previniendo se diga en todas si hacen o no testamento, se esprese la iglesia en donde se entierren, y siendo solteros o celibatos digase su estado con espresion de sus respectivos padres”...
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).