Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) - 9. O século XVII
En canto a fontes se refire, é o século XVII un período escuro. Os vecindarios que se levan a cabo son poucos e de calidade moi variable. Os vecindarios fiscais da Corona atópamolos no arquivo de Simancas para os anos de 1631 (vecindario da sal, inútil para o noso estudio xa que ofrece cantidades totais sin especificar por parroquias, indo os datos de Cee incluídos nos de Corcubión), 1635 (donativo que se fai á Coroa de Castela onde aparecen listas nominais de veciños), e 1651 (vecindario para o reparto dun millón de ducados que para o noso caso ofrece unhas cifras irrisorias, por exemplo Cee contaría con 82 veciños contribuíntes, algo inverosímil como se demostrará neste apartado).
A documentación de carácter eclesiástico vai ser a que nos axude en maior medida xa que contamos con dúas visitas arzobispais moi interesantes: a do Cardeal Jerónimo del Hoyo no ano 1605 e os datos da do ano 1672 que se conservan no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. A todo esto hai que engadirlle o feito de que dende mediados deste século contamos ca información dos propios arquivos parroquiais, se ben hai que deixar constancia que para o caso da parroquia de Brens, o seu emprego non é posible, por problemas de conservación, ata comenzos do século XVIII.
A fiabilidade destas dúas fontes é maior dende logo cá que poden ofrecernos os vecindarios de carácter fiscal, se ben adolecen de exactitude por ser cifras aproximativas, que no caso dos datos da Visita de 1605 poden pecar por defecto, como xa demostrou o profesor Eiras Roel. Para a conversión do número de veciños a habitantes empregamos nos dous casos o coeficiente de 3.88, que se ben pode ser algo elevado para este momento ten por outra parte ó seu favor o feito de compensar a ocultación que de seguro teñen ambalas dúas fontes. Con estos arranxos podemos ter unha visión máis ou menos aproximada de como transcorreu a poboación ceense no século XVII, no que terá lugar un forte crecemento da mesma a partir do seu primeiro tercio, motivado entre outras razóns pola introducción con éxito do millo americano que acabará por desprazar ó “mijo” de moito menor rendemento (tal e como demostramos na nosa tese de licenciatura sobre a evolución demográfica entre 1600 e 1860 para os concellos de Cee, Corcubión e Fisterra, baixo o título Dinámica sociodemográfica del finisterre gallego 1600-1860, Santiago, 1996, (inédita).

As cifras das dúas columnas de totais (*) son o resultado dos nosos cálculos tras obter unha equivalencia entre veciño e habitante a partir da información do Catastro de Ensenada.
Segundo os datos totais o crecemento que experimenta a poboación ceense dende comenzos do século XVII ata o ano 1672 é dun 47.5%. Por desgraza, a falta de arquivos parroquiais ata a segunda metade deste século impiden coñecer con exactitude o momento en que ten lugar o inicio do ciclo expansivo, se ben por outras referencias podemos afirmar que esto terá lugar dende mediados da década dos trinta. Lembremos que o total de poboación que temos para finais do século XVI é moi semellante a que obtemos a partir dos datos da Visita de 1605, feito que se corresponde cunha etapa de crise como foi a do tránsito entre os dous séculos, situación á que lle seguirían un certo estancamento ata que se supera o primeiro tercio do século XVII. Así, na nosa zona do mesmo xeito que na meirande parte da Galicia litoral iniciarase un forte ciclo de carácter positivo que levará a poboación a medrar dun xeito continuado ata o século XVIII. Para as terras de Fisterra acádase o cumio do crecemento no ano 1708, xusto antes da grave crise de 1709-10, mentras que noutras comarcas o crecemento seguirá ata mediados do século.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (IV): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (V):5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (VI): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) (VII): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).