Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:22
24/07/10

O Enero... lembranza ó Carme

O Enero... lembranza ó Carme
Continuamos con esta proposta salgada que nos traen Xusto Fisterra e o muradán Manuel M. Caamaño, as súas bitácoras tan vencelladas ao mar. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, da man de Xusto de Fisterra volvemos unha semana atrás e facemos unha reseña polo Carme.

O Enero... lembranza ó Carme

13 de febreiro de 1987. Eran sobre as 6:00h da mañá, fronte a Corrubedo, cando o patrón do arrastreiro Enero, (un pequeno barco mercado en Cambados e reconvertido en arrastreiro pra suceder ao María Auxiliadora, que queimara xunto a praia da Virxe de Muros), mandou largar o aparello. Había unha pouca marexada, escomenzaron a maniobra, cando... un "rabo de jalo" dunha das portas, enganchouse con unha das palas da hélice. O golpe foi moi forte... Aurelio Santiago Pedrosa, engrasador do Enero, corríu cara o rancho de popa, e... baixou onde estaba a bocina da hélice, ollando que entraba moitisima auga. Na súa mente, nun instante, pasáronlle tres imaxes pola cabeza: a da filla que tiña dous anos (xa que el perdera ao seu pai cando tiña tres, e pensaba que podía pasar o mesmo); a da súa dona, e... a da Virxe do Carme. Subíu pra a cuberta, onde os seus compañeiros xa estaban agardando por un naseiro que faneaba pola zona. A pequena embarcación debido a marexada tiña que facer bastantes manobras pra coller a xente. Tiña xa todos a bordo menos a Aurelio, que, como o barco xa estaba sumerxíndose tívose que tirar o mar. E, despois, recollérono os do barco, pasáronos a todos ao María Auxiliadora, barco o cal os levou pra Muros e no cal aos oito dias embarcaría Aurelio. Pero o destino tíñalle gardado a este mariñeiro de Muros outra sorpresa, xa que, ao pouco, sería el un de tantos que velan pola seguridade dos nosos barcos, no Servizo de Busqueda e Salvamento. Agora mesmo está no remolcador Ría de Vigo, e sempre ten presente a Virxe do Carme nas súas plegarias.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios