Martes. 23.04.2024
El tiempo
09:00
09/09/11

PPSOE

Teño dito en innumerables ocasións que, na miña opinión, as organizacións políticas son probablemente as principais culpables do actual estado das cousas. E, aínda que os recentes acontecementos puideron rematar por confirmar as miñas verbas (reforma da constitución sen democracia, manipulación política de SOE e PP en beneficio propio, utilización da xustiza de modo partidista) creo necesario facer dous ou tres matices salientables.

O primeiro pasa por colocar a cada quen no seu lugar. Por exemplo, eu non penso que o BNG sexa igual que o PP ou o PSOE. Eu creo que BNG, CiU ou PNV son variacións da mesma constante sen valor político real no actual escenario político. Traducido, dá igual o que sexan. Non teñen peso algún real na política real e as súas posibilidades de desequilibrio pasan só por coxunturas concretas nas que os partidos maioritarios ("O Partido", enseguida falamos diso) necesitan dun subalterno que aplauda cando toque. E o peor é que se prestan. Gústanlle ser palmeros.

Se ademais entendemos que Populares e Socialistas son, a día de hoxe, dúas caras da mesma moeda, podemos dicir que estamos listos. A man dos grandes aperta pero non afoga. Os socialistas, por pura comenencia, alentan ou tapan o crecemento do nacionalismo galego en función do que se precise. E, repito, o BNG se deixa, sabedor do seu papel de mero comparsa. Así é, aló menos, dende a saída de Beiras do liderado do partido. E así vai seguir sendo, dado que a supervivencia do conto non depende do BNG, senón da súa conivencia cos socialistas en probables gobernos futuros.

Pero o peor non é isto senón a escasa ou nula capacidade dos nacionalistas para ilusionar mais aló das súas bases. Ninguén cre nunha formación frentista, incapaz de romper con determinados elementos do seu pasado pero afirmándose como garante da identidade galega no futuro. E o peor é que teñen razón. Porque non creo que ninguén salvo o BNG se preocupe a estas alturas polo feito identitario. Non creo que ninguén máis aló do BNG se preocupe polo habitual atentado a lingua dende o fascismo residente nin pola identidade territorial dos galegos no contexto europeo actual.

Por iso o BNG non é o mesmo que o PPSOE. É máis inútil, menos valido e igual de pernicioso para a liberdade individual pero probablemente o único equilibrador preciso de cara a unha volta as maneiras democráticas. Son asemblearios e o din abertamente. Quen vote a un que saiba que os vota a todos.

Aló menos eles o din. No PPSOE votas a Rubalcaba e en realidade estas votando ao Santander e o BBVA. E si votas Rajoy, igual. Isto si é unanimidade constitucional. Se a mellor opción política é SOE, PP ou BNG eu digo ningunha. Entón, ¿Qué propoño?. Que goberne Botín. E Francisco González. A fin de contas xa o están facendo.

Votar segue sendo unha das decisións máis delirantes das que toma o cidadán medio neste país. A outra é a que banco dos que lle debo lle pago este mes e a cal non. Oh dilema.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Verdades anteriores

Comentarios