Unha gran crise europea (1709-1711) con repercusións tamén na Costa
Ó longo da historia teñénse dado circunstancias que fixeron que determinados acontecementos se repetisen cada certo tempo, especialmente en séculos pasados. Este carácter cíclico dalgúns aspectos da historia dos nosos antepasados ten un dos seus maiores expoñentes nas crises de subsistencia, que con maior ou menor intensidade afectaron á poboación ata ben entrado o século XIX. Outro bo exemplo deste carácter cíclico sería o das diferentes epidemias que tamén se encargarían de elevar a mortandade en diferentes momentos, acadando nalgúns casos carácter universal, como no caso da peste negra de mediados do século XIV, da gripe europea de 1708-1709 ou da gripe española de 1918.
A crise de 1709-1711 foi extensiva non só a España senon a case totalidade dos países europeos. Así, atopámola citada en traballos de demografía belgas, alemáns, italianos e incluso se fai referencia a ela como crise de gran virulencia en estudos sobre a poboación francesa. As primeiras novas son de finais de 1708 e chegan de Italia facendo mención a unha epidemia de gripe que vai a ter como características principais a rapidez en canto a súa propagación, a súa aparición simultánea en varios países europeos e os seus efectos, intensos pero de curta duración. O coñecido como «duro inverno europeo» de 1709, caracterizado pola choiva e sobre todo por un intensísimo frío, tivo gravísimas repercusións na producción agraria e na gandeiría co seu correspondente reflexo no elevado número de difuntos rexistrados nos arquivos das distintas parroquias europeas.

Esta gripe europea non se prolongaría moito no tempo pero a volta á normalidade sí que tardaría moito máis debido a varios factores. O rigoroso inverno e as consecuentes malas colleitas, a emigración de campesiños ós núcleos urbáns buscando unha mellor asistencia médica e, fundamentalmente, a guerra, traerían como protagonistas dúas novas pragas: a propagación do tifus exantemático e a peste.
España terá que facer frente a esta situación con numerosos problemas pola falta de grans derivada das malas colleitas de 1705-1706 e 1708 e polos episodios bélicos da guerra de Sucesión. O médico asturiano Gaspar Casal fai referencia a esta crise nestes termos: “y vi que la generalísima epidemia que, casi en todo el Reyno de España, hizo notable estrago desde el año de 1709 hasta el de 1711”… Para a historiografía actual, esta crise pode ser considerada como unha das grandes crises agrarias que tería como consecuencias máis inmediatas a miseria das clases campesiñas e unha gran mortandade na meirande parte do territorio peninsular. Do que non hai dúbida é de que a crise que padece España a partir de 1709 provocou unha importante convulsión demográfica e social, totalmente equiparable á do resto de países europeos. Unha parte importante da mesma ven derivada do tifus exantemático, compañeiro inseparable da guerra (lembramos de novo a Guerra de Sucesión Española) e da fame. De todas formas non hai que descartar que algún dos focos epidémicos foran causados polo virus gripal, sobre todo tendo en conta as especiais condicións climáticas deste período.
Galicia, non se libraría da virulencia desta crise e das súas consecuencias, máis lesivas posiblemente debido ás características do seu solo e ó seu illamento xeográfico. Así pois, a súa situación agravábase en anos de crises agrarias, tendo que comprar cereal en momentos nos que a carestía do mesmo tiña propiciado a subida de prezos. A esto hai que engadirlle as dificultades viarias para o transporte, polo que a poboación sufría doblemente o encarecemento dos produtos básicos.
No mercado dos cereais, fundamentalmente do trigo, participaban numerosos axentes, tanto polo lado da oferta como polo da demanda. A estrutura deste comercio rexistraba agudos cambios estacionais e interanuais. Os pequenos produtores agrarios, arrendatarios na súa maior parte, soían comercializar boa parte ou a totalidade dos seus excedentes antes de realiza-la sementeira do outono. Os labradores acomodados, os grandes propietarios rentistas, as institucións eclesiásticas e as oligarquías locais procuraban concentrar as súas ventas no primeiro semestre do ano, sobre todo no cuatrimestre anterior á recollida do gran, é dicir, nos chamados meses mayores, especialmente no mes de maio. Por outro lado, o número de oferentes e de demandantes rexistraba intensas oscilacións interanuais. En anos de colleita escasa, moitos pequenos produtores convertíanse en demandantes netos de cereais panificables e, polo tanto, o número de vendedores reducíase e o grao de concentración da oferta aumentaba sensiblemente. Estudios feitos en diferentes zonas de Castela conclúen que en anos de crise, despois do mes de outubro, os poderosos e revendedores acaparaban o 90% das ventas de gran.
A perda de colleitas dos anos 1709-10 garda directa relación co exceso de choiva. Abundan os exemplos a esta circunstancia por diferentes partes do territorio peninsular: “el tiempo tan vario que corre así por la salud como por los frutos” ou “la continuación de las lluvias sumamente dañosas para las mieses de suerte que se pierde mucho grano en las mismas eras”. As terras fisterrás non foron alleas a esta crise e así, a primeira consecuencia é a fortisima subida do pouco cereal existente, que se cotiza no mes de maio de 1709 a 360 maravedís, cando só dous anos antes se cotizara a 120 mrs. Este exemplo é do trigo, pero o mesmo se pode dicir do centeo (o universal pan do labrador), que pasa de 72 mrs a 272 mrs. ou do millo, que sube dos 85 mrs a 306 mrs.
En relación con esta crise, en particular, e coas crises, en xeral (de subsistencia, mortandade ou económicas) estarían os movementos migratorios nos que podemos diferenciar dous tipos: os que teñen un carácter cíclico e os permanentes. Dentro dos primeiros teríamos por exemplo a emigración golondrina, é dicir, aquela que se fai todos os anos nos mesmos meses. Exemplos desta sería a emigración á Castela nos séculos XVII, XVIII e XIX co fin de participar nas segas do trigo e centeo ou no século XX a emigración a Francia á vendima ou a Andalucía a recollida das olivas. Pola súa parte, a emigración permanente tivo o seu mellor exemplo na masiva emigración española a América, especialmente desde a segunda metade do século XIX. Aínda que a idea dos emigrantes era, nun principio, a do retorno, nunha boa parte dos casos estes acabarían quedando no continente americano.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).