Xan das Crebas (XIII)

... ollou como á beira do camiño había uns edificios longos. El xa vira antes algúns. Foi a ollalo xa que tiña curiosidade. Uns homes estaban a levar unhas ancarellas de sardiñas pra o seo interior. Saludou a aqueles homes:

- "Boas!, ¿podería ollar dentro?", a resposta foi rápida;
- "Pase señor, quer ver como se traballa?;
- "Pois, a verdade é que, si vostedes queren mostrarme...", contestou Xan.
- "Non hai problema, eu mesmo o acompaño. Agarde que deixe este peixe e levou, xa que por hoxe non entra máis".

Xan agardou por aquel home observando o interior daquela fábrica. Había como uns pozos enterrados e outros máis altos. De contado regresou aquel home, e díxolle:
- "Mire!, veña conmigo". Xan acompañouno e, o home comenzou a explicar o proceso de salazón da fábrica:

Como se foron perdendo
as facetas da conservación
antes todo aproveitaban
e utilizaban a salazón.

Homes e máis mulleres
postos a traballar
uns o peixe recollendo
outros postos a salar.

Fábricas con traballo
pras casas alimentar
agora non queda nada
nin traballo,nin o pan!!

  • Poesía de Pacola González Campelo.

- "Pois voulle dicir o proceso que levamos acabo nós. Primeiramente, como xa viu, ten que vir o peixe. Nós traemos sardiña, tamen o sal e a madeira pra facer os envases. Logo o peixe botámolo nas batiportes, onde o vamos remexendo ben co sal. Normalmente botamos por cada paxe de peixe unha patela de sal que serán unhas 28 libras máis ou menos. Despois de estar ben remexido, botámolo nos píos eses, botándolle máis sal, cubrindo ben o peixe".
- "E canto peixe levará cada pío destes?", preguntou Xan.
- "Pois... unhas noventa mil pezas, e si, é pouco o que entra, poñémolo nunhas lagaretas, as cales son máis pequenas", contestoulle o home, o cal proseguío a sua explicación.

- "Aquí ten que estar o peixe unhas dúas semanas. Ao remate dese tempo, rompemos a capa de sal, facéndolle un burato e botando por el medio bocoi de salmoeira. Reméxese ben, logo, sácase cuns trueles o peixe e, esténdese nesas mesas onde unhas mulleres van enfiando o peixe en varas de madeira, dende as garxas ata a boca. Ao estar enfiadas unhas vintecinco, temos, o que lle chamamos unha vara, que a poñemos no carrillo de pé, aí, lávanse e escurrense, despois... Veña vostede pra aco!", díxolle o home a Xan, o cal quedaba ollando como enfiaban as sardiñas .
- "Mire! aquí estas mulleres, están a botar nos cascos estes redondos, as sardiñas que xa están escurridas, hainos de varios tamaños, o rabo queda apuntando ao interior e vanse colocando de cinco en cinco, ao estar cheo, levámolo a prensa esa, a cal prensa o peixe, escurrindo o aceite, auga , etc... Este líquido chámase o saín, que o vendemos despois.
- "Sí, xa sei! o saín usámolo pras lámparas e máis pra engraxar o coiro", díxolle Xan.
- "Iso mesmo!", respostou o que o acompañaba, proseguindo logo coa sua explicación.
- "Ao rematar todo procedemos a porlle o fondo ós cascos, botándolle un papel de estraza. Logo, a peza de madeira, e aprétase ben e cérrase, e xa está todo proceso. Agora, veña conmigo que lle dou un tabai que pra vostede chégalle, e así, con unha botella de viño, xa vai comendo..."

Xan, agradecíu a amabilidade daquel home, collíu o tabai e marchouse pola porta, subíu por unha pequena costa e púxose andar...

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).