Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
10:29
07/03/08

A fin da Inocencia

A fin da Inocencia
As Verdades como Puños de José Luis Louzán

Manda truco, que diría un vello mariñeiro. Unha sentencia condena a unha empresa a derrubar 88 vivendas na recta da Anchoa. Mais de dous millóns de euros (quen os pillara) polo bater abaixo. Pero esto é o que pasa cando se xoga con lume, que as veces un sae escaldado.

Esta nova me fai lembrar frases soltas, comentarios, argumentos, dos escoitados no transcorrer das pasadas municipais, cando uns eran acusados de alborotadores e de querer tirar abaixo co crecemento económico dun pobo cando, en mitines, en prensa ou cando a ocasión llo permitía, dicían por activa e por pasiva que o que estaba a suceder nun dos puntos mais fermosos da nosa costa, a franxa de terreo que da acceso a Fisterra, non tiña nada de normal.

Pero claro, estabamos en campaña, e nese tempo sempre é mellor escoitar o que nos da, e non o que nos pide.

Este mércores tamén vin en prensa como acampan diante de San Caetano os traballadores da mina de Serrabal, presa dos designios da Xunta na súa guerra particular con Villar Mir. Alí tamén hai traballadores de Ferroatlantica, esa empresa contaminadora que “simplemente” da de comer a mais de 400 familias. Si, esa que os defensores do toxo e da lagartija galegas din que debería estar pechada por contaminante. Esa por culpa da cal non temos porto ampliado, claro, porque hai que tratar con ela e por tocarlle as narices o tal Villar Mir o que faga falla ¿non?

¿En que momento da historia recente da bisbarra esquecemos a orde das cousas?. ¿Cando foi que trocamos soldos fixos nunha factoría punteira no seu sector no mundo por contratos de peón de albanel en precario?. ¿Porque deixamos que fixeran o que fixeron en Fisterra e poñemos o grito no ceo cada vez que “a fabrica” vota lume polas chemineas?. E a ultima, ¿de que carallo con perdón se supón que imos vivir si pechamos cada empresa que nos moleste o mais mínimo? ,¿da hostalería?, ¿do turismo?.

En Vimianzo se culmina estes días a construcción do maior Polígono Empresarial o sur de Carballo. Pediremos que as factorías do tamaño e clase que sexa que se instalen no lugar cheiren a colonia. Haber si así.

  • José Luis Louzán.

comentarios