Sábado. 20.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:22
30/01/09

A triste realidade de cada día

A triste realidade de cada día
As verdades como puños de José Luis Louzán

A reflexión ten de particular que, en demasiadas ocasións, deixa a calquera “co cu o aire”. Os pensamentos, as ideas fixas que tomabas por bases inamovibles do teu modo de actuar e pensar abanean o son de opinións diferentes as túas, sobre todo cando estas están ben argumentadas, e sobre todo cando son mais sólidas que as túas propias.

Sen ir mais lonxe eu cría, non hai tanto tempo, en que a independencia de Galicia era non so necesaria senón ademais unha mera cuestión de tempo. Nembargantes, a incapacidade para mandar, para convencer no goberno do BNG ou para deixar claros os ideais que moven as súas decisións políticas, mais alo do mero interese persoal ou partidista, fan que agora pense que non existe ninguén capaz de liderar ese grande paso, o da autodeterminación, e que directamente non crea para nada nela.

Igualmente estas semanas me fixeron reflexionar sobre o papel do estado dentro da economía de mercado, e nese mesmo senso, como unha pequena comarca “perdida da man de Deus” como acostumo a definir a nosa bisbarra, encaixa neses engranaxes tan complexos e inestables, os da macroeconomía mundial. Pero o certo é que encaixa, dado que sen estar para nada en crise non vivimos outra cousa dende hai meses na nosa terra.

Pero sobre todo, de un tempo a esta parte, sinto un asoballador valeiro na miña cabeza, e no meu corazón, a vista de unha serie de feitos que tomaba por posibles, pero que se veñen convertendo en certos nos últimos tempos. Parecía así, pero agora directamente é, non sei se me explico. Exemplos;

Eu “cría” que a maioría da cidadanía da Costa da Morte era de natural deixada e pacifica, con tendencia a ignorancia da actualidade cotiá, amiga da subvención porque si e pouco dada a loita civil. Pero feitos coma o desastre do “Prestige” o intento de peche nos anos 90 da fabrica en Cee ou os mais recentes desperfectos nalgún colexio, me tiñan feito mudar de idea. Ata agora claro....

Unha fonda cortina de desesperación se abate sobre a bisbarra. So uns poucos aguerridos mozos, moitos deles criados fora destas catro paredes que nos abafan, loitan polo progreso, polo futuro. Os demais son cadáveres de mentes pechadas e poucas gañas de lerias, de dicir que si e calar, de aceptar a limosna e poñela outra man por si cae algo mais. De submisión e aceptación de que existe un “poder superior” chámese Fraga ou chámese Haches, que manda e ordena... de calar e aceptar sen rechistar.

Unha terra de galiñas e mangantes, como a definiu un bo amigo profesor en Compostela moitos anos é que acabou por marchar a Madrid onde di que “me tratan peor pero a lo menos teñen sangue”.

Outro longo e duro inverno se abate sobre nos e nos deixa as escuras. Pero non pasa nada... votemos.

  • José Luis Louzán.

Comentarios