Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
10:20
20/06/08

Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados

Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados
As verdades como puños de José Luis louzán

Sr. Bono:

Diríxome a vostede a raíz da última nova relacionada coa súa persoa e cargo, con motivo da recepción nese Congreso dos Diputados dun grupo de represaliados polo franquismo, homenaxeados nesa cámara o pasado trece de Xuño. Penso que o asunto foi xa mais que informado nos medios, e non vou realizar unha persoal visión do acontecido, so quero permitirme, na miña condición de cidadán con numero de carnet de identidade, o corrente nos meus impostos e legalmente rexistrado en tódolos rexistros exixibles a miña condición persoal e laboral, por elo, considérome con dereito a expresarlle o seguinte;

O silencio es marabilloso cando se expresa no momento necesario. Saber calar é unha virtude e esta claro que vostede carece dela. Mentres, o exhibirse nese acto unha bandeira republicana, outra persoa mais concentrada ou menos impulsiva, non o sei, houbera permanecido en silencio, vostede decide expresarse tal e como é e recriminar a unha persoa pola exhibición da ultima bandeira legal neste país, dado que deixou de ser enseña nacional a raíz dun golpe de estado e no pola vontade popular expresada nas urnas. Permítome recordárllelo xa que vostede parece habelo esquecido.

Pero indo mais alá, fai vostede mención a legalidade e a constitución dicindo que “la legalidad, que es la que marca la Constitución; por tanto, no puedo aceptar manifestaciones que no son legales en este momento”. Vale. A Carta Magna.

Gustaríame que me contestase, si é que pode, ¿ É ou non é certo que ese mesmo documento afirma no seu artigo 47 que “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada”?. ¿Non pon ese mesmo documento que vostede cita, no seu artigo 27, que “Todos tienen el derecho a la educación” e no 35 que “Todos los españoles tienen el deber de trabajar y el derecho al trabajo”?, E si esto é así ¿Onde queda a súa vehemencia o defender estes dereitos do mesmo modo que chama a legalidade cando un represaliado que non saíu do cárcere ata que o ditador morreu saca a pasear a ultima bandeira democrática deste país?

Por ir rematando, que seguro estará vostede moi ocupado defendendo a España dos españois, gustaríame abrir aquí un último debate. Ese texto que vostede e outros políticos de profesión como vostede citan tan natural e insistentemente dun tempo a esta parte, esa carta Magna que segundo vostedes “todos nos hemos dado” é so da metade dos españois.

A día de hoxe, e segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, algo mais de 21 millóns e medio de españois no tivemos oportunidade de dar o noso parecer sobre o citado texto, ou ben porque no naceran cando se produciu o seu referendo público ou ben porque careciamos de idade para votala.

Así que, por favor, solicitaría a vuecencia tivese no futuro a delicadeza de non insultar de novo os últimos defensores da legalidade que neste país se xogaron a vida, actos terroristas a parte, pola lei, pola liberdade e pola súa constitución.

Moitas Grazas.

* Este mesmo texto en castelan foi remitido por correo certificado este pasado xoves a atención do Presidente do Congreso D. José Bono e a varios medios de comunicación de alcance nacional. Así e con data de hoxe venres 20 de xuño de 2008, foron emitidas dende a sede de Correos en Cee sete cartas sete (as cartas conteñen o mesmo texto que a paxina pero en castelan), certificadas e con acuse de recibo a:

  • Congreso de los Diputados. A atención de D. José Bono Martinez;
  • Cadena SER Madrid. A atención de Rodolfo Irago, xefe de informativos;
  • Diario “El País” A atención do director de Nacional;
  • La Voz de Galicia a atención do director de nacional;
  • Diario “La Vanguardia” a atención do director de política;
  • Diario “Sur” a atención do director de nacional;
  • Telecinco, informativos a atención de D. Pedro Piqueras.
  • José Luis Louzán.

comentarios