Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:16
30/07/10

Errores de bulto

Errores de bulto

Me pide o Corpo falar do da prohibición en Cataluña. A miña mente, que sigue sen entender coma se pode estar tan cego (falo dos antitaurinos) me empurra, me obriga a decir que coa medida do pasado mercores os presuntos defensores do animal foron quen de matar dunha tacada a centos de touros sen nin sequera despeinarse. Todos os que deixaran de nacer mais os que ian ser toreados nos próximos cinco nos é que, agora, na sua maioría, formaran parte da cola do matadoiro. ¿Quen quere criar touros bravos, algo caro é difícil, senón existen as corridas?

Entendo a quen non soporta o maltrato animal. A maioría se comportan despois cunha hipocresia descomunal, comendo carne sen pertanexar de animais que morren estresados, electrocutados e abertos en canal mentres colgan polos pes. Nun matadoiro vamos. Iso sucede, pero ningun destes acode a pedir que se prohíba, así que; ¿por qué os touros?, ou mellor ¿porque en Cataluña?.

A evidencia do trasfondo político da decisión e da campaña previa salta a vista. Amigos “verdes”, fostedes usados vilmente por dous partidos políticos para promover o seu distanciamento das tradicions “españolistas”. Nada de defender o animal, evitar o maltrato e demais mandangas. Os mesmos que vos arroupaban na vosa inquina co persoal taurino, agora carecen de pelotas para prohibir os “Correbous”, espectáculo, este si, que ten lugar en plena rua e onde un touro cos cornos envoltos en lume corre sen control perseguindo a unha serie de individuos que nin sequera son capaces de poñerse diante do bicho. ¿Qué pasa, non é maltrato iso?, ¿non sofre ese animal?

Mirade, a min me parece lóxico que existan persoas que non acepten que existan este tipo de eventos. Considerano irracional, pouco civilizado, puro Cromagnon. Lóxico. Creo que, simplemente, equivocan os tempos e a dirección do seu malestar. Antes que os touros, creo eu, debería ir a Caza, matar por matar sen xeito nin maneira, a tiros e a distancia. Antes que os touros deberían ir os que teñen un can por telo ou para telo amarrado. Os que permiten que a población de gatos silvestres deixe inzados de cadáveres o asfalto das nosas estradas. Antes que os touros están as vaquiñas, soltas por Vilas e pobos sen control e a disposición de borrachos e tarados.

Non, tede por seguro que non comeza aquí, nesta decisión, ningunha oleada en defensa do touro e que marque a fin das corridas. Para nada. O que si comeza é unha nova oleada de debate identitario, “Catalunya is not Spain”, que nos volva a ter ocupados e preocupados de algo que non é nin o desgoberno, nin a manipulación política de PP e PSOE, nin a crise nin chispa que nos confunda. Non.

O noso é polemizar, actuar de puro impulso e sen razonar. Prohibindo actividades privadas, de acceso restrinxido e a onde so poden acodir maiores de idade… ¿Por qué non promovemos unha iniciativa popular útil, para variar?

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios