Sábado. 20.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:10
17/09/10

Lobos e ovellas

Lobos e ovellas

Esta frase dende a que hoxe me inspiro para este espazo creo que condensa dun xeito extraordinario o modo en que nos mal gobernan e utilizan dende unha esfera claramente definida como si foramos simplemente o que a fin somos. Pura masa inútil, so o servicio desa elite e dos seus adlateres.

James Bovard é un xornalista e columnista estadounidense, coñecido popularmente naquel país pola obstinación que manten en describir e facer visibles os abusos que o suposto “estado de dereito” ou que a recente guerra contra o terrorismo veñen de facer na liberdade, a xustiza ou no dereito persoal a disentir da maioría.

Bovard ten unha frase que resume dunha maneira clara a falacia da democracia tal e como a coñecemos. Di “Democracia é cando dous lobos e unha ovella deciden que van tomar para cear”.

Diso e de pouco mais trata toda esta historia, esta que chamamos vida, estado, país, constitución, dereitos. Esta que nos envolve ainda que vivamos no mais alto cumio da mais alta montaña. Esta forma de goberno baseada en facer crer a masa que ten dereito a decidir quen quere que os goberne cando, en realidade, os únicos con autentico poder de decisión son os bancos que pagan os créditos cos que os grandes partidos sufragan xeitos de xestión decimonónicos. As empresas que nos din qué comer, qué beber, qué vestir e onde mercalo para xenerar mais ingresos para que os bancos podan seguir presionando e prestando cartos os partidos políticos. Para que podan seguir decidindo “que queren para cear”.

No mes de Maio próximo, a finais de Maio, van ter lugar unhas eleccións municipais. Pois ben a estas alturas de setembro, nove meses antes na practica, xa estamos en campaña. Os partidos, os grandes partidos, xa cortan e pinchan, deciden que “ovellas” son as mellores, as mais dóciles, as máis adecuadas para ocupar os postos e para facer, dende a mesma base municipal, aquilo que a vontade do partido decida. Incluidos os independentes, dado que no sistema actual electoral en España a independencia non existe. Son simplemente lazos soltos dos tres grandes, por exemplo, en Galicia, ou dos catro en Cataluña ou dos cinco no País Vasco, porque a suposta individualidade e especialidade dos partidos nacionalistas quedou hai xa tempo engulida polo sistema. Máis do mesmo.

Así que, na miña habitual liña ¿cómo se sae da espiral?,¿qué se pode facer para invertir todo isto?. Bueno, non temos espazo esta semana pero quen desexe coñecer a miña opinión sobre iso so ten que ter algo de paciencia.

Por certo, para quen queira profundizar no xeito e modo en que nos en realidade hai tempo que non decidimos nada en absoluto sobre quen e como nos goberna, o libro de James Bovard, que non ten desperdicio chamase “Terrorismo y Tirania” e o edita “El Ateneo”. Imprescindible.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios