Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:20
02/07/10

Máximo de Hubbert

Máximo de Hubbert

Agora que, uns mais que outros, comezamos a asumir que isto da democracia e unha milonga e que o conto non é como nolo contaron, comezan a aparecer as probas da nosa indefensión diante da clase dominante. Ata hoxe mesmo, mais de cen persoas acampaban nun terreo situado a caron do parlamento britanico en protesta contra o sisitema que nos utiliza a vontade para botarnos enriba cada problema que lle xurde. 

Nestes días estou lendo un libro autobiográfico. Tratase de “Diario de un marine”, de Eugene B. Sledge (Ed.     ) libro escrito a modo de diario onde este mozo de Alabama depositou as suas vivencias e impresions o longo da guerra no pacifico no transcurso da segunda guerra mundial. Un relato de loita, de morte e de pura violencia que explora o inmoral de moitos actos de guerra e o dificultoso de sobrevivir a mesma. A pregunta que me rolda e non me abandona é ¿seriamos capaces, hoxe, de algo así? 

O mundo no que vivimos, pensamos, é outro onde a accion suicida dun dictador, de conquista do seu entorno xeografico e ocupación de paises limítrofes, a solventamos cun escrito de condena da ONU e unha “forza de paz” co casco de cor azul. Pero, ¿e si se trata de alguen que realmente teña capacidade para “facer a guerra” o xeito clásico?, ¿e si, a vista de que a utilización de medios atómicos non esta o alcance de calquera e das consecuencias da mesma, un país ataca a outro, e esto desencadena unha serie de reaccions internacionais que desembocan no impensable?. ¿Seriamos capaces? 

Eu, adianto, penso que no. Non somos capaces de sair a rua a demandar o que nos pertence… como para sair a trincheira armados cun fusil. Cando a guerra nos Balcanes, moitos dos alistados en calquera dos bandos desertaban os poucos días, así que, chegados a fronte de batalla, vían caer a veciños e amigos baixo o lume inimigo. Era real, carne real, lume real, mortos reais. Así que, o panadeiro, o carpinteiro e o funcionario, bedel nunha escola, marchaban para casa ou se exiliaban. Eran os anos 90, non os 40 nin 50, e a televisión ensionou moito, ainda que esta visto que non o suficiente. 

A teoría do Máximo de Hubbert, tamén coñecida como “Cenit do petróleo” é unha influinte teoría que se preocupa da tasa de agotamento a longo prazo do petróleo. Predice que a producción mundial de petróleo chegará o seu cenit e que, despois, declinará tan rápido como medrou. Ainda sendo controvertida, esta teoría é amplamente aceptada na comunidade científica.

 

O debate non se centra en si existirá un pico do petróleo senon en cando sucedera, dado que resulta evidente que o petróleo é un recurso limitado e non renovable polo que nun momento ou outro  chegaráse o límite de extracción. Dependera dos posibles descubrimentos de novos xacementos. Pero tarde ou cedo rematara. 

O ano exacto do pico, segundo os especialistas, non poderá determinarse ata que suceda. Baseandose nos datos actuais de produción, a “Asociación para o Estudio do Pico de Petróleo e Gas” (ASPO en inglés), considera que o máximo nivel de extracción do petróleo ocurrirá xa, este ano, no 2010. Outras voces falan de que quedan reservas para mais dun seculo. Ogalla acerten, porque en caso contrario a próxima guerra mundial, a do petroleo, esta a volta da esquina. E, de verdade, non estamos moi pola labor. Non se molesten señores mandatarios, pero si fose hoxe ian vostedes sos, eu ando moi liado. Mellor, pensemos nalgo para non acabar como aqueles mozos americanos, mortos en illas perdidas do pacifico sur, mentres varias xeracions enteiras de compatriotas seus se preguntan para que foron aló e que conseguiron a cambio do seu sacrificio. 

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios