Domingo. 22.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:24
21/05/10

Nos mundos de Yupi

Nos mundos de Yupi
As verdades como puños de José Luis Louzán

Ás veces escoito cousas que me provocan unha mistura estraña de risa e rabia. Non é concebible, penso eu, que alguén dedicado a explicarnos os demais como son as cousas, que alguén que se dedique profesionalmente a contar as cousas, as noticias, ou a transmitir opinión, non coñeza o mundo no que vive. Non só me parece un grave problema de credibilidade senón case un insulto para a audiencia, que deposita nesas persoas, os que saen pola tele, os que falan pola radio ou os que escriben nos xornáis, un certo “beneficio da dúbida” para coas informacións e os seus transmisores. 

É por isto que cando escoito a Yupi (cambiade Yupi polo nome de certa presentadora das mañás en Telecinco ou por dous ou tres opinadores matinais e a cousa se ve máis clara) falar do que supoñen os recortes do goberno e afirmar sen pudor algún que unha suba de impostos os máis ricos é “demagóxica” me produce de todos menos comprensión. 

Oia, non somos todos ricos. Certo que, seguramente, ata hai tres anos dou a sensación de que así era, pero non. En realidade, a cantidade de persoas con patrimonios superiores o millón de euros pode non ser tan grande como se considera. Por outra banda, si estou equivocado e realmente si hai unha proporción estimable de posuidores de máis de 166 millons de pesetas dos de antes os que obrigar a pagar mais por vivir aquí, entre os pobres, pois tanto mellor. O caso é que non sei en que país vive esta xente, os presentadores, opinadores e demais fandanga pero non creo que sexa o meu. Non, seguro que non. 

Creo que esta xente vive nun universo paralelo é de cando en vez se cola o sinal da televisión aos nosos receptores. A ver, non sei si hai moito millonario encuberto na Costa porque aquí somos bastante evidentes, pero si estou seguro de que, si mañá soben os impostos as rendas mais altas aquí non protestara ninguén. E o que proteste, seguro que lle podemos poñer unha ducia de exemplos de xente que non ten tantos cartos. O contrario, seguro que podemos poñer ducias de exemplos de familias de parados, de parellas novas con fillos que non van percibir o cheque bebe, de decenas de xubilados coa pensión conxelada e de un fato importante de funcionarios os que lle van rebaixar o soldo. Non creo que exista demasiado motivo para queixarse pero para os que o fagan, poñamos un par de recomendacions. 

Por exemplo, Yupi e os seus contertulios, millonarios todos, consideraban esta mañá que xa ían subir impostos indirectos, ou o IVE é que esta suba tamén ía afectalos a eles (bueno, non dixeron “a nos” pero a cara de pena de Yupi e compañía facia evidente que estaban falando de si mesmos). Falso. Non afecta igual que che suban a luz cando cobras 450 euros de pensión que cando gañas dous millons por escribir un libro e nin sequera o escribes (o fai un “negro”). Afirman sen rubor algún que unha suba dos impostos os grandes capitais pode motivar unha fuga de cartos cara paraísos fiscais… Atención na fiscalia por favor ¿é este un anuncio de un posible delito de evasión de capitais?. Si así fose que actúen as autoridades, se trate de quen se trate claro ¿ou si o fai o banqueiro de fluido ingles non vai ser perseguido?,¿e si o fai o sastre da Coruña?.  

Todo sona a cando un fala cun forofo irracional dun equipo que, despois dever contigo un partido, apreciou catro claros penaltis a favor dos seus  cando ti vivhes todo o o contrario. “Non vimos o mesmo partido ¿ou?” afirmas. Pois iso. Esta xente, Yupi e compañía, non viron o mesmo partido ca min. De feito creo que non estivemos no mesmo campo,  non vivimos nin na mesma dimensión no espacio-tempo. E por suposto, non temos a mesma cantidade de cartos. Yupi e compañía non teñen nin idea do que custa chegar a fin de mes, ou xa o esqueceron. Os demais, os desta realidade, imos camiño do peor semestre da historia recente da economía Española. Aló menos, neste universo, iso parece.  


 
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios