Mércores. 19.02.2020
El tiempo
José Luis Louzán
10:10
29/08/08

Onde vas Alfonso XIII? II parte

Onde vas Alfonso XIII? II parte
As verdades como puños de José Luis Louzán

Segunda e última, que non me gusta repetirme. Me quedaban cousas por dicir en afondamento desto do “é que sempre foi así” ou para que as lean os defensores da “inamovible tradición de inviolables bases históricas”.

A semana pasada falabamos das “sólidas” bases legais nas que se asenta o tradicional mercado de Cee, lembren, avalada polos “máis vellos dun lugar”, nunha vila sen dependentes nas tendas, que quedaría valeira e abandonada si se prohibise nos anos 20 aquel mercado e onde os obreiros que finalmente tiveran que traballar recibirían un plus ademais dos seus soldos (jajajajaja).

Ben, visto isto falemos do que foi tradición durante moito máis tempo que o mercado dominical de Cee, a ver si nos gusta tanto.

Por exemplo o “Dereito de Pernada” que nin era dereito nin tiña xeito pero que se celebrou sen faltar case nunca durante catro séculos en todo o territorio nacional. Consistía a tradición en que o señor feudal da zona tiña dereito a xacer no leito nupcial coa futura esposa antes de que o fixera o seu futuro marido. Un modo de abuso que desapareceu, loxicamente, pero que era bastante mais “tradicional” que estas feiras de Cee. Visto este ríspeto inamovible polo tradicional poderiamos recuperalo, e a falla de señor feudal... ben, votemos, agora somos democráticos ¿no? Quen queremos que “disfrute do dereito”. ¿Vomitivo?. Si, claro. Pero tradicional era un rato ¿é?

Sigamos falando de tradicións. A Escravitude como tal provén dos Gregos e Romanos e durante mais de mil anos estende os seus usos e costumes pola historia da humanidade ¿Recuperámola?. Nada mais tradicional. Ou os dereitos de determinadas familias sobre os terreos públicos, e o cobro de “diezmos” tradicionais durante séculos. Poderiamos encher de novo os hórreos dos curas a base de millo e patacas, e reanimar todas aquelas “tradicións” o redor da muller... siii¡¡, adiante, o refraneiro esta cheo de comportamentos tradicionais “A golpes se fan os homes e a empurróns as mulleres”, ou “A muller cando pensa soa, mal pensa” ou tamén “A mula e a muller, a paus se deben vencer”.

Refraneiro tradicional. Que importante. Canta “sabedoría”.

Moitas destas cousas, moitas desas supostas tradicións que “sempre foron así” desapareceron (afortunadamente) non sen esforzo. O fixeron a golpe de protesta, de dubidas publicas, de pensarse moito si algo coma o dereito de pernada, o feudalismo ou a escravitude eran modos e actitudes que queriamos que formaran parte das nosas vidas.

E a pesares de que moitos, incluso unha maioría, consideraba que esas eran cousas “que sempre foron así” finalmente se aboliu a escravitude, o feudalismo desapareceu e pegarlle a unha muller pasou a ser para todos un acto de cobardía e crueldade sen perdón. Son exemplos esaxerados, seino, pero ben claros do debate que se abre. Ninguén quere destruír o mercado, nin acabar cunha tradición dun século, pero si, simplemente, se abre un debate publico na pescuda dun modo mais moderno, mais adecuado, mais responsable, e mais viable economicamente, porque non, de facer as cousas, benvido sexa. E que remate a escravitude moderna dos Domingos pola maña para mais de 300 persoas encadeadas a unha tradición anacrónica en Cee. E que o vexamos neste século, claro.

  • José Luis Louzán.

comentarios