Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
11:39
01/02/08

Por que os chaman impostos cando queren dicir roubo?

Por que os chaman impostos cando queren dicir roubo?
As Verdades como Puños de José Luis Louzán

Esta semana estaba paseando cando reparei nun feito que si ven cae de caixón non sempre reparamos nel. A miña dubida nace de ver o estado das rúas na bisbarra, unido o feito de atoparnos, como moitos autónomos e empresarios saberán, en mes de “trimestral”. Para o resto explicar que é eso da trimestral, e dicir, o pago do IRPF e do IVE o que cada trimestre se ven obrigados os autónomos e empresarios. Solo estes colectivos pagan catro veces o ano impostos, mentres tódolos demais se supón que o fan unha vez no ano, coa temida “Declaración da renda”.

En realidade todos pagamos todo o tempo, pero no caso dos autónomos e mais sangrante, creo eu, dado que somos o único colectivo o que se nos obriga a realizar unha auditoría obrigatoria o trimestre. E nestas datas un se fai preguntas. ¿A que se dedican os meus cartos?, ¿Canto se dedica a cada cousa?, ¿Que parte de este sinal, ou de esta farola, ou de esta festa gastronómica, me corresponde realmente?. E o que é peor, ¿Como demo se poden cobrar tantos cartos por un traballo tan mal feito?.

Porque esa é a realidade. Un mira o trafico en Cee e se sorprende do nulo do sistema que o regula, unha caste de semáforos en ámbar , mesturados con un grupo de sufridos policías locais que a pesares dos semáforos deben saír a regular o trafico (momento no que un percibe que existe a policía local en Cee). E todo rodeado dun sinfin de liñas amarelas de prohibido aparcar que ninguén respeta, e dunha serie de prazas de minusvalido que tampouco serve de nada. E coma guinda, unhas vías en estado lamentable, ruinosas algunhas, como o Polideportivo municipal, pero sen declarar.

E así por todo o concello, e así en toda a bisbarra ollo, porque nin que dicir ten que Vimianzo non e un exemplo de trafico regulado. Peor, porque en Vimianzo a lo menos con catro policías locais chega para mais habitantes que os, asómbrense, sete axentes cos que conta o concello de Cee. E mentres a vostede e a min nos limpan do peto cartos por todo, por vivir nestas “extraordinarias” vilas mediante o imposto de bens inmobles, por circular por estas “marabillosas” estradas co imposto de circulación, por solicitar unha compulsa dun papel obrigatorio con tres euros por papel, a lo menos no concello de Cee.

Por respirar aínda non se cobra, pero todo chegara. E total para que. Para que catro personaxes paseen en coches de grande cilindrada, ou se tiren mozas en plan presidente da república francesa, ou axuden o seu irmán constructor, ou financien a obra dun amigo, ou lle dean licencia a un fillo para construír un chale ilegal, ou lle busquen “enchufe” a un parente para que se dote a este dun emprego publico, ou cunha vivenda de protección autonómica, ou para cen mil casos mais que todos coñecemos. Para eso si que serven os nosos impostos. Para mexarnos por enriba e dicirnos que chove. Xusto agora que hai sequia. Impresionante. Coma dicía Elbert Hubbard “ A democracia ten polo menos un mérito, i é que un membro do Parlamento non pode ser mais incompetente que aqueles que o votaron”.

  • José Luis Louzán.

Comentarios