Mércores. 24.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:33
19/03/10

Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo

Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo
As verdades como puños de José Luis Louzán

O mellor ten algo de gracioso pero eu non llo vexo. Neste país de mediocridade politica endemica, a Lei do Solo, a debate nestes dias, culmina toda unha seria de desfeitas que teñen exemplos sangrantes e palpables no decretazo da lingua ou no modo no que se despachan temas cruciais para Galicia cando os intereses non son os dos amigos.

O xeito no que se esta a tratar este asunto, o da lei do solo, vai de esperpento a drama en cuestión e dias e horas. E ainda que xa o dixen vouno repetir; do caso das naves ilegais de empresarios na costa da morte o unico que me importa a min son os empregos. Nin as Inversions, nin os anos que levan nin a necesidade desas empresas me importa demasiado. Me importan os parados que non necesitamos, os traballos que se perderian. E me preocupa o modo no que eses traballadores se deixan manipular de modo cuasi infantil, tanto polos seus xefes coma por determinados politicos locais.

A cousa e ben simple. Non había chan industrial e as naves foron construidas onde se pudo. Vale. Pero agora si hai chan industrial, ¿cal é logo o problema?. Ben, non hai cartos para un cambio dese tamaño, dese calibre. De acordo, logo ¿non será mellor prover de fondos as empresas en situación ilegal para que a movilización da ilegalidade a lei lle custe cero?, ¿non será mais sinxelo, mais crible e con maior razón de ser legal facer sinxelo e gratuito as empresas a nova instalación en chan industrial?.

Non quero dar ideas, mais ben o contrario, pero vendo como se restrinxe a contrucion na costa galega, si maña se decide facer legais as naves ilegalmente construidas o tempo que se ordenan derribos no litoral de casas, galpons ou segundas residencias algun veciño afectado por estas ultimas pode pensar que antes de ver caida a sua casa non estaria mal tirar con un par desas naves indstruias. A fin de contas, penso eu, e mais importante a casa dalguen que o emprego dalguen. E, ou ben ponemos en contexto as razons que levan a esta lei, ou simplemente eu e calquera poderia pensar que non hai demasiadas razons para cumprir ningunha lei. A fin de contas, con utilizar despois os empregados de escudo resulta suficiente.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios