Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:18
04/07/08

Que verde era o meu val

Que verde era o meu val
As verdades como puños de José Luis Louzán

Teño problemas serios cos ecoloxistas. No, tranquilos, non me da por pegarlles nin insultalos na rúa, nada de iso. O meu problema é de concepto e se basea no modo no que se expresan as diferentes asociacións de defensa da natureza. Esto ven o caso de algo que escoitaba esta pasada semana e que me envolve de novo nesta reflexión.

Porque a pasada semana a presidenta dunha das mais importantes agrupacións ecoloxistas de Galicia insultaba os veciños e veciñas de Cee acusándonos a todos de “invadir” (non lembro exactamente si esta era a palabra pero si lembro o tono) suficientemente xa a Ria de Corcubión. Aja, vale.

Primeiro, a zona do recheo, dos anos setenta é como a zona do recheo de Ponteceso, de época similar, como a da Coruña, de principios do século pasado e como outras moitas. Medio-ambientalmente son un desastre pero ¿quen pensa niso cando se trata de xerar algo de riqueza?.

Segundo. Acabar falando de Cee cando do que se trataba era de dar a coñecer as pegas que Adega ten diante da rexeneración prevista por Costas e o concello de Corcubión na praia deste concello, na situada o carón do paseo marítimo, acabar falando digo de Cee cando o problema esta en Corcubión demostra en primeiro lugar ignorancia xeográfica e en segundo unha inquina estraña, basicamente porque esta señora non parece saber que Cee non pertence a Corcubión nin viceversa e que meterse con todos os ceenses para defender que o recheo da vila é unha barbaridade medioambiental non é o mellor xeito de defender a súa postura.

Por ultimo, Adega, de igual xeito que outras moitas entidades de defensa da natureza debería incluír, e con urxencia, cláusulas no seus estatutos que obriguen os seus dirixentes a propagar de igual xeito as súas negativas e as súas solucións alternativas. A saber; si non lles gusta a Fabrica de ENCE a asociación ecoloxista debería explicar de que outro modo se vai xerar o emprego que produciría esta factoría. Si non lles gustaba a factoría de Pescanova en Touriñán, deberían de igual xeito promover a solución que serviría para substituir eses traballos, os que se ían xerar nesa factoría.

E para os aprestos a contra-critica dicir que a min tamén me parecen aberracións medioambientais todas as anteditas pero mentres non se me ocorra o modo en que conseguir que se xeneren mais de 400.000 euros o mes en soldos os 250 traballadores que poderían quedar na rúa si pecha, un supoñer, Ferroatlantica, o que fago é calar a boquiña. E non insultar a ninguén mentres non atopo esa solución, claro.

  • José Luis Louzán.

Comentarios