Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
11:38
07/02/08

Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”

Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”
As Verdades como puños de José Luis Louzán

Escoito estes días que o presidente da República Francesa, Nicolás Sarkozy, ven de contraer matrimonio coa moi fermosa e polifacetica ex-modelo, cantante, biologa e artista (hai no, perdón, este é outra) digo con Carla Bruni.

Deixando a un lado adrede a diferencia de idade, que tampouco e tanta, e a evidente, o meu parecer, diferencia estética entre un señor de 53 anos mais ben pequeneiro e unha moza de 40 pero extraordinariamente fermosa e ben conservada, a min se me abren varios dilemas existencias a vista de todo este asunto. Y é que non creo que a vida privada das persoas deba ser asunto de cacarexo xeral, pero cando se dan situacións coma este, si penso que estou no dereito a afirmar que me parece vergoñento que un individuo que ameaza coa expulsión indiscriminada de inmigrantes do seu pais, que acusou a mozos e mozas parísenos de delincuentes cando os disturbios do pasado ano 2006 sen pararse a preguntar quen era realmente o responsable da queima de coches, que en definitiva, demostra tan pouco ríspeto por aquel que non vive coma el considera que se debe vivir, pode permitirse o separarse da súa dona, deixar o seu fillo a parranda publica e o pouco contraer de novo matrimonio cunha moza dez anos mais nova que a súa antiga dona, sen que lle caia a cara de vergoña.

E o fío de todo isto, que non deixa de ser o clásico debate ético sobre si esta ben pedir os demais que fagan algo que un mesmo non quere facer, o redor dese debate a min me contan cousas estes días que me retrotraen a outros tempos na nosa bisbarra. A tempos nos que a vida dunha persoa era chanzo para chistes varios, gracias sobre a masculinidade das persoas, ou a enterrar calquera debate sobre as políticas locais nunha localidade en chorradas e estupideces coma con quen se deita cada quen, ou que tanto alto ou guapo, ou feo ou chepudo ou canto varón ou canto forte é tal ou cal gobernante na cama. E digo eu ¿E a min que me importa?. ¿E que andamos as coles ou a que andamos?

A min o que me interesa é que se goberne ben, con sentido común, con gañas, con ríspeto, con contundencia diante das violación da lei, con moderación no gasto publico pero atendendo as necesidades xerais, con audacia, con sinceridade, con cercania e con instinto. A min me importa tres pitos a que dedican o seu tempo libre os meus gobernantes. E si non predican co exemplo me fastidia, pero mais me fastidia non durmir na fin de semana, bares se licencia nin posibilidades de conseguila, destrozos no mobiliario publico, caos no trafico, estradas e instalacións en estado lamentable, falta de seguridade, nulas políticas de emprego, nulas políticas socioeconómicas, lamentables políticas culturais y etcétera,etcétera,etcétera. Despois cada un, na súa cama, que se meta con quen queira, que a un servidor lle da igual. Así que, Mr. Sarkozy, “un mariage heureux et de bons jours”.

  • José Luis Louzán.

Comentarios