Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:22
07/06/10

Sociedades Inflamables

Sociedades Inflamables

Cando medre eu, o que quero, o que desexo de verdade, e poder vivir nese pais do que fala Ana Rosa Quintana polas mañas na televisión. Estaba escoitando a pasada semana como se debatía nesas sisudas (ejem) tertulias da maña española no televexo sobre a decisión de algunhas comunidades de subir os impostos as rendas mais altas. E nestas vai que escoito a ínclita presentadora, escritora (ejem) e produtora televisiva... millonaria va, dicir que “con 60.000 euros al año hay mucha gente en este país. Clase media, claro”. E, de verdade, eu quero emigrar. Si, porque en realidade nos somos os equivocados. Nos somos os confundidos, os que pensamos que chegar a fin de mes é imposible, que un soldo de 900 euros o mes é un sueldazo. Para nada!!!. Ana Rosa ten a solución, escoitémola!! 

Falando en serio, a verdade é que a cousa é dramática. Esta a “María” de turno escoitando a esta muller dicir, por exemplo, que calquera (si, si, calquera) pode acumular un millón de euros en patrimonio “a poco que se descuide” e, digo eu, que a pobre ama de casa, ou o pobre parado, ou parada, debe sentirse profundamente mal. “Sou un inútil” dirá. Lóxico, porque, como afirma Ana Rosa “cualquiera” pode acumular semellante cantidade de riqueza a pouco que se descoide. Home, depende., si che escriben o libro o mellor si, senón...  

Creo que esta forma de actuar, esta verdadeira “pornografía” dialéctica en televisión son un autentico insulto. Non xa polo modo de facer, de actuar, pola manipulación constante da mensaxe en prol das intereses económicas de cada un, ou das intereses políticas da cadea, ou do grupo editorial, non. Creo que o xeito no que esta ou outras persoas supoñen que se vive neste país ten pouco que ver coa realidade. Nin sequera coa realidade dos datos falseados de certos organismos oficiais. En España, que gañén 5000 euros o mes hai moi poucos. Pouquisimos. Seriamos unha potencia mundial si “calquera” se puidera situar nesa franxa de ingresos. De feito, si os políticos en Andalucía toman a decisión de subir os tipos impositivos a esas persoas é, basicamente, porque son poucos e gañan moito. Poucos votos, moito ingreso. Así de simple. 

Así que, directamente, resulta lastimoso ver como certas persoas mendigan en televisión unha clemencia para coas súas abultadas contas bancarias que nin precisan nin merecen. A cousa é simple, é vostede millonaria señora, sinto, así que dos seus desorbitados emolumentos nos, o estado, queremos un bocado algo maior. Simplemente. Si por culpa de esa subida vostede, que pena, debe reducir nun dia os seus dous meses de vacacións nas Bahamas ou deixar de mercar algunha prenda en “Manga” ou “Zaro” (cita textual)  as miñas desculpas. Así son as cousas. Catro millóns de parados, recorte nas pensións e nos soldos dos funcionarios... e millonarios os que lle soben un un por cento a taxa impositiva. Iso é igualdade. 

Vivimos un momento da historia onde a marxe para a indignación desapareceu. Non podemos estar mais indignados, mais cansos ou mais aburridos de tanto engano e tanta tonteria. O único necesario para que arda tanta pólvora é un detonador e ninguén sabe onde se atopa este ou cando decidira estourar. Non precisamos demasiadas mulleres (ou homes) con cerillas acendidas na man camiñando por ahí sen mirar onde pisan. Con nada o bosque arde. Mellor sería algún bombeiro cerca, por se acaso. 

 
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios