Mércores. 24.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:21
24/05/08

“Tres euros por compulsa”

“Tres euros por compulsa”
As verdades como puños de José Luis Louzán

O mellor non se deron conta pero vivimos nunha permanente estafa. Nestes días de presentación da declaración, a min me da e moito por pensar en que se gastan os nosos cartos. É por esa razón pola que esta semana pasei un dos meus clásicos enfados coa administración pública e me dou por preguntarme ¿alguén sabe canto custan os concellos?

Non me refiro os edificios, que tamén hai de todo, senón os seus ocupantes. Políticos, funcionarios, persoal laboral, persoal fixo, temporal e demais. E cando despois dunhas chamadas a algúns amigos e dunha mínima mirada no internet vin o que vin, cada vez mais dor de cabeza.

Por dar un dato, no ano 2002, o concello de Fisterra gastou mais dun millón trescentos mil euros, mais da metade do seu presuposto dese ano en persoal. ¿Unha barbaridade?. Bueno, depende porque si lles digo que no mesmo ano , Vimianzo gastou o corenta e tres por cento, Dumbría mais do trinta e sete, igual que Muxía, Corcubión un trinta e cinco, Camariñas o trinta e catro e Cee o trinta e tres, pois hai queda a media. E a vista disto eu digo ¿Para que?

En soldos a políticos cada veciño, por exemplo de Corcubión, gastara a frioleira de 56 euros o ano. O que cada un deses veciños pode pagar de contribución por un coche medio-baixo e poucos cabalos vaise no soldos do goberno ¿Con que se financia o resto das cousas?. Pois non o sei pero da a impresión de que non se financia e punto.

Mais. Cee gastou o pasado 2007 case a metade dos seus cartos en persoal, con 6.2 millóns de euros de presuposto. Este ano o presuposto caeu, pero o gasto en persoal non ten ese costume, nunca cae. Mais ben sube.

Alguén escribiu, non lembro quen, que “o estado e un monstruo que as veces se revela contra nos mesmos”. Contra esa rebelión non temos defensa algunha. Os Concellos da nosa bisbarra, e outros moitos no resto de Galicia, se converteron dende hai anos en pozos sen fondo de contratación de persoal sen un motivo aparente, a si perdón, cun motivo si. Gañar votos. Colocar a persoas concretas, contentar a familias, incluso a dun mesmo cando chega a alcaldía. Nada mais.

A vista destes datos, datos non suposicións nin presuncións, a min se me abren as carnes da carraxe, que diría un castizo. Mentres ducias de persoas cobran por non facer nada ou facer moi pouco, eu pago por circular por estradas que ninguén arranxa, pasear por beirarrúas en estado lamentable, rodear xardíns sen atender, rúas sen limpar, pago por papeis que non necesito e que non lle fan falla ningunha a quen mos pide, pago por pedir que se certifique que son veciño de Cee e pago porque un ninguén confirme que o meu carnet é o meu carnet. Compulsa chamase o timo. Tres euros por compulsa.

Compulsiva si que comeza a ser a estafa na que vivimos.

  • José Luis Louzán.

Comentarios