Venres. 19.04.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (XII): Arquitectura relixiosa

Especial Domingo Antonio de Andrade (XII): Arquitectura relixiosa

Arquitectura relixiosa: Obras na Catedral de Lugo, Mosteiro de Sobrado e Igrexa dos Xesuitas na Coruña

Imaxe da Catedral de Lugo, na que Andrade fixo obras na nova sancristía, a sala capitular e as cubertas da catedral

No século XVII a catedral de Lugo non conta cun Mestre Maior de Obras propio por eso o traballo dos mestres composteláns será habitual nos traballos do Cabildo lucense.
Domingo Antonio de Andrade realizou os proxectos para a nova sancristía, a sala capitular e as cubertas da catedral.

En 1678 Andrade preséntase con outros tres mestres ó concurso promovido polo Cabildo para a construción dunha sacristía nova. Tras saír vencedor do mesmo axusta a obra en 11.200 ducados tendo que presentar como fiadores a tres importantes comerciantes de Santiago.

Como aparellador da obra e encargado de executala, xa que Andrade só se encargaba da labor de supervisión puntual, traballou outro ceense, Juan Martínez, que mantén unha estreita relación con Andrade desde anos atrás ata o punto de ser o mestre o padriño de varios dos seus fillos.

Entre os anos 1690 e 1693, Andrade redacta varios informes e incluso chega a trazar os planos polos que debería facerse o colexio e a igrexa da compañía de Xesús na cidade de A Coruña. A dificultade do solar, moi próximo ás murallas da cidade, fixo que o propio rexedor coruñés, coa aprobación do Capitán Xeral do Reino, solicitara a presenza do arquitecto dada a súa capacidade e prestixio. Os problemas económicos farían que as obras se prolongasen en exceso e do colexio só se puidese facer unha parte. Máis tardaría a igrexa (1737-1766) con traza final de Fernando de Casas que seguiu para a cimentación os planos de Andrade.

No mosteiro de Sobrado dos Monxes participou como mestre e director das obras entre os anos 1704 e 1707 realizando primordialmente o cruceiro e a cabeceira da nova igrexa. As obras da mesma foran iniciadas en 1677 por Pedro Monteagudo que as dirixiría ata o seu falecemento no ano 1700. A gran aportación de Andrade é a cúpula do cruceiro, sen dúbida relacionada coa da sancristía da catedral de Santiago, daquela recén acabada de construír.

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Fonte

Comentarios