A Garda Civil explica como fo a detención do suposto autor do atropelo mortal e fuga en Cee

Explica hoxe a Garda Civil como foi a detención do veciño de Fisterra suposto autor do atropelo mortal da noite do luns en Cee, no que faleceu un veciño de Corcubión de 56, natural de Muxía.
O Equipo de Investigación de Sinistros Viarios (EIS) de Santiago de Compostela, xunto con diferentes equipos da UNIS de Galicia, investigaron o suceso dende esa mesma noite. Entre eles o Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT), que tras analizar evidencias atopadas no lugar do sinistro, e coa colaboración do Equipo Periférico de Reconstrución de Accidentes de Tráfico (EPRAT), conseguiron facer unha reconstrución do ocorrido e valorar a posible velocidade coa que circulaba o vehículo.
Finalmente, procedeuse á detención do presunto responsable e á intervención do vehículo no domicilio do investigado na localidade de Fisterra, imputándolle a comisión de tres delitos, un delito de homicidio por imprudencia, un delito de abandono do lugar do accidente e un delito contra a seguridade viaria ao perder a vixencia do permiso de condución pola perda total de puntos do mesmo.
Tras pasar a noite nos calabozos de Carballo, e pasar a disposición xudicial no Xulgados de Corcubión, quedou en libedade con cargos.