Recollen máis de 300 quilos de refugallos plásticos da praia de Baldaio
08:12 27/09/16
Durante a xornada de Voluntariado Ambiental recolleronse mais de 300 quilos de refugallos plásticos
Un total de 78 voluntarios e voluntarias - entre os que había 12 nenos - participaron o pasado domingo nas xornadas de Voluntariado Ambiental organizadas por Mar de Fábula coa colaboración da Fundación Biodiversidad e da empresa Decathlon. Axudados pola climatoloxía e baixo as instruccións de seis monitores da asociación ambiental, os participantes recolleron máis de 300 quilos de refugallos plásticos de pequeno tamaño que as mareas e os visitantes arrastraron ata a praia de Baldaio, en Carballo.
O bo tempo facilitou os traballos de limpeza que levaron a cabo na praia de Baldaio
1.035 bastonciños de algodón, 73 aplicadores de tampóns, 81 paos das bateas, 42 etiquetas de acuicultura e pesca, e 1.679 tapóns, botellas e outros envases foi o inventario de refugallos recollidos polos voluntarios e voluntarias nun periodo de dúas horas (de 11:30 a 13:30 horas) e tan só ao longo da liña das mareas vivas.
Os monitores de Mar de Fabula dixiron os traballos de limpeza
"A elevada participación permitiu poñer en xogo o plan diseñado en función das inspeccións previas feitas no terreo: levar adiante un traballo de limpeza diferente a todos os previamente realizados", indican dende Mar de Fábula. Deste xeito focalizouse a atención nos plásticos máis pequenos e nos microplásticos que rematan en moitas ocasións no corpo dos peixes provocándolle a súa morte.
78 voluntarios e voluntarias participaron nas xornadas de voluntariado ambiental
E tras o traballo de recollida, os voluntarios e voluntarias aproveitaron a ocasión para facer un picnic no que compartiron reflexións sobre os hábitos que fan que vaian a parar a un areal alonxado da poboación, como o está o de Carballo, quilos de residuos procedentes da hixiene persoal (bastonciños de algodón, aplicadores dos tampóns...).
Novas relacionadas
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Mar de Fábula