Un domingo de solidariedade e emoción poética en Cee

07:35 20/02/17
Completo domingo o vivido en Cee. Ao xa atarefado mercadillo dominical, uníronse dúas iniciativas ben singulares. Pola mañá, Mans Unidas de Cee organizaba un Mercadillo Solidario, detrás do que atopamos a Iván Pérez, que ultimamente está en absolutamente todas as iniciativas solidarias que se dna na vila da Xunqueira. Pola tarde, a solidariedade deu paso á emoción, cos poemas de Rosalía na voz de Manolín.
Mercadillo Solidario dos catequistas de Cee-Fotos-Rafa Quintans
O atrio da igrexa municipal acollía este Mercadillo Solidario, organizado polos rapaces de Catequese da Parroquia de Cee para a Campaña contra a fame de Manos Unidas. Cada rapaz foi aportando cousas de segunda man, como libros, xoguetes, roupa, bisutería, películas, decoración, bolsos… Todo co obxectivo que combater a pobreza dende este currundo do mundo. Así, de 11:00 a 13:30 estiveron vendendo todos estes artigos, dando como resultado unha valoración por parte da Catequesis Parroquial moi positiva, dada a acollida e colaboración que tivo o mercadillo, e a cantidade coa que puideron colaborar coa campaña internacional de Manos Unidas.
Recital de Manolin a Rosalía-Foto-Iván Pérez
E xa pola tardiña, tocaba cita na Casa da Cultura. Manolín de Oliveira, o poeta máis singular da nosa contorna, realizou unha emotiva homenaxe polo 180 Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Un recital que mesturou as poesías da nosa célebre poeta, amosando todas as sáus facianas, dende a máis morriñenta, a máis coñecida, á máis combativa. É espectacular sentir esa emoción que Manolín desprende ao
Unha cita que ademais estivo acompañada polos bailes ACD Nerio Baile Xaldón de Corcubión, a SCD ED Breogáns de Brens, e a AC Terra de Sena de Cee, que completaron unha xornada cverdadeiramente importante para manter o legado da nosa cultura.
Mercadillo solidario

Poesía con Manolín

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)